Monodóntidos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «más»
 
Liña 59:
Dada a distribución das dúas especies, por riba do [[círculo polar]] ártico, é normal que, a pesar dos afastados lugares que frecuentan e frecuentaron os pescadores galegos, non teñan moitos nomes vernáculos galegos. Porén, o dicionario da [[RAG]] recolle o nome de '''narval''' para ''Monodon monoceros'', que tamén usan os cetólogos galegos da [[SGHN]],<ref name=X/> de acordo coa terminoloxía nos demais idiomas modernos.<ref>O nome ''narval'', e equivalentes, deriva do inglés ''narwhal'' ou ''narwal'', modificación talvez influída polo inglés ''whale'', "balea", do noruegués e danés ''narhval'', e o sueco ''narval'', probábel modificación o islandés ''nárhvalur'', do antigo escandinavo ''nārhvalur, de ''nār'' "corpo" e ''hvalr'' "balea".</ref>
 
Polo que respecta a ''Delphinapterus leucas'', na ''Lista patrón dos vertebrados de Galicia'', proposta provisionalmente pola SGHN <ref name=X/> asígnaselle o nome de ''blancón'', un evidente castelanismo por '''brancón''', pero que foi recollido en [[Portonovo, Adina, Sanxenxo|Portonovo]] por [[Ríos Panisse]],<ref name=RP>Ríos Panisse, M. C. (1983), p. 7.</ref> nome debido seguramente á cor completamente branca deste animal que, por outra parte, é de forma parecida, aínda que másmáis pequeno, que o '''[[Falsa candorca|negrón]]''' ou falsa candorca, ''Pseudorca crassidens'', un cetáceo da familia dos [[delfínidos]] máis coñecido nas nosas augas, e que é de cor gris escura ou totalmente negra. Ríos Panisse tamén recolleu para esta especie os nomes de ''campelo'', en [[Corme]] e ''santo'', en [[Ribadeo]] e nas [[As Figueiras, Castropol|Figueiras]] ([[Castropol]]), na [[Asturias]] de fala galega.
 
Máis recentemente, no ''Gran dicionario Xerais'',<ref name=GDX>Carballeira Anllo, Xosé Mª (coord.) (2009)</ref> denomina a especie como '''beluga''', adaptación do seu nome [[Rusia|ruso]], e de acordo cos nomes que se lle dan na maioría dos idiomas da nosa contorna.<ref>Cf. portugués ''beluga'' (tamén ''baleia-branca''); castelán ''beluga''; catalán ''beluga''; italiano ''beluga''; romanés ''beluga'' (tamén ''balena-albă''); alemán ''Beluga'' (tamén ''Weißwal''); francés ''béluga/bélouga'' (tamén ''baleine blanche'', ''dauphin blanc'' e ''marsouin blanc''), e mesmo en inglés (idioma que inventou o termo ''balea branca''), denomínase ''beluga'' (pero tamén ''beluga whale'' e ''white whale'').</ref>