Henry Ford: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «as súa»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «más»
Liña 39:
Henry Ford tiña unhas ideas moi concretas en relación ós seus empregados. Estes tiñan que traballar 8 horas diarias, e en 1913 recibían unha xenerosa paga de 5 dólares por día. O seu xornal incrementouse a 6 dólares no cume de produción do Modelo T en 1918. Tal remuneración ós traballadores era, naquel tempo, un feito sen precedentes. Ford tamén lles ofreceu un innovador plan de participación dos beneficios.
 
En cambio, Ford estaba firmemente en contra dos [[sindicato]]s nas súas fábricas. Para impedir a actividade sindical, contratou a Harry Bennett, encargado do Departamento de Servizo, quen empregou diversas tácticas intimidatorias para acalar ás organizacións sindicais. O incidente másmáis famoso, en [[1937]], foi a sanguenta pelexa entre os homes da compañía de traballadores e os organizadores que pasou a ser coñecida como a [[Batalla do paso elevado]]. Unha sentada levada a cabo polo sindicato ''United Auto Workers'' en [[1941]] permitiu o comezo de negociacións colectivas nalgunhas fábricas de Ford; pero a sindicación non se completaría ata que, en [[1945]], Henry Ford e Harry Bennett deixaran a compañía para sempre.
 
O [[1 de xaneiro]] de [[1919]], tralo fracaso na procura dun escano no senado dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], [http://www.senate.gov/artandhistory/history/minute/Senator_Condemned_for_Excessive_Campaign_Expenditures.htm] Henry Ford delegou a presidencia de [[Ford Motor Company]] no seu fillo [[Edsel Ford|Edsel]], aínda que mantiña a súa xestión con man firme - algunhas das decisións da compañía durante a presidencia de Edsel foron levadas a cabo sen a aprobación de Henry, para ser máis tarde revogadas por el. Tamén nesta época, Henry e Edsel adquiriron tódalas participacións dos restantes investidores, pasando así a ser os únicos propietarios da compañía. Esta foi mantida dentro da familia anta 1956, ano no cal permitiu ofertar unha parte da compañía de forma pública sen chegar á perda do seu control.