The Beach Boys: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Etiquetas: edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Beninho (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
 
Liña 37:
Brian Wilson foi o autor da maioría das cancións, aínda que unha doenza de oído lle obriga a deixar as actuacións en directo e empeza a dedicarse en exclusiva á creación e produción de novos temas. Substituíulle no directo Bruce Johnston, que se converteu no sexto membro dos Beach Boys, aínda que abandonaría o grupo a principios dos 70 para volver entrar nel a finais desa década.
 
En [[1966]] a música dos Beach Boys comeza a facerse máis complexa, sendo unha mostra o álbum ''Pet Sounds'' e a canción "[[Good Vibrations]]". Xa neses tempos, Brian Wilson introdúcese no mundo das [[drogas]] alucinóxenas, o que trae repercusións na súa música, sobre todo no proceso de gravación do que ía ser unha sinfonía adolescente cara a Deus. O disco, chamado ''Smile'', nunca chegou a editarse por problemas internos da banda e a discográfica Capitol. Moitas das cancións deste proxecto foron utilizadas en posteriores álbums como "Smiley Smile" ([[1967]]) (Wonderful, Vegetables, Heroes and Villains, Good Vibrations) ou "Surf's Up" ([[1971]]) coa canción que dá título ao L.P.
 
Desde ese momento a carreira dos Beach Boys sofre altibaixos, editando discos importantes pero con escasa resposta comercial como "Sunflower" ([[1970]]), "Surf's Up" (1971) e "Holland" ([[1973]]), o cal ata foi considerado pola revista Rolling Stone como disco do ano, ata que en [[1988]] volven alcanzar un número un con ''Kokomo''.