Nubes: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Aristófanes mediante HotCat
miniatura|[[Clásicos en Galego 7. Aristófanes: ''Nubes'' e ''Asemblearias''.]]
Liña 1:
[[Ficheiro:Clásicos en Galego. 07. Aristófanes. Nubes, Asemblearias.jpg|miniatura|[[Clásicos en Galego]] 7. [[Aristófanes]]: ''Nubes'' e ''Asemblearias''.]]
'''''As nubesNubes''''' (en [[Lingua grega antiga|grego clásico]], ''Νεφέλαι'') é unha [[Comedia grega antiga|comedia]] temperá dentro da obra do autor [[Atenas|ateniense]] [[Aristófanes]]. Nela faise unha forte crítica dos [[sofista]]s e as súas ensinanzas, e non faltan os temas e personaxes de moda da Atenas de finais do [[século -V]]. A obra tamén é destacábel por ser a referencia histórica máis antiga sobre a figura de [[Sócrates]].
== Representación ==
''As nubes'' foi presentada por primeira vez o ano [[-423]], pero Aristófanes non logrou gañar o primeiro premio, sacando o terceiro nas [[Dionisias]]. Aristófanes xamais se resignou a ter perdido. Polo mesmo, reescribiu entre os anos -420 e -417 o texto da súa obra e esa é a versión que se conserva na actualidade{{harvnp|VV. AA.|1993}}. Isto sabémolo porque na mesma comedia o coro exhorta aos espectadores reprochándolles o ter perdido. Aristófanes considerábaa a súa obra máis fina de entre as súas comedias. N'As nubes aparece a primeira referencia histórica sobre [[Sócrates]], que é presentado como un sofista.
Liña 5 ⟶ 6:
== Argumento da obra ==
A obra trata dun pai, Estrepsíades (Στρεψιάδης), e o seu fillo Fidípides (Φειδιππίδης). Fidípides é un mozo fanático da hípica e os cabalos, cuxa diversión lle sae bastante cara ao seu pai, que contraeu unha serie de débedas polo seu amor aos cabalos.
 
O seu pai vai directo á ruína e non ten interese en lles pagar aos acredores e para iso idea un plan que o sacará de problemas: Mandará ao seu fillo a estudar ao matinadoiro (φροντιστήριον, palabra inventada por Aristófanes), tamén traducido como Pensatorio, de Sócrates, que é unha especie de escola onde ensinan, por diñeiro ou cousas de valor, os sofistas [[Sócrates]] e o seu amigo [[Querefonte]] (Χαιρεφῶν) as diversas disciplinas sofísticas e especialmente o argumento xusto e o argumento inxusto que o sacarán de todas as débedas ao poder gañar os xuízos na súa contra.
Fidípides négase a ir e termina indo Estrepsíades, que cando se atopa cos discípulos de Sócrates e Querefonte pregunta o que fan e mantén despois un diálogo cun deles, durante o cal é presentado a Sócrates que é chamado "el mesmo" (αὐτός) que está a colgar dun cesto observando o ceo.
 
Tras ese episodio cómico Sócrates fálalle do ceo e demóstralle que Zeus non existe e que as nubes tamén son deusas e moi importantes, e quen xunta as nubes non é Zeus senón o "Bulebule" (Δῖνος). Despois comeza un diálogo onde proba a Estrepsíades ata que aparecen as Nubes. Logo comeza un diálogo entre as Nubes e Estrepsíades e máis tarde reaparece Sócrates que lle ensina novas cousas, pero Estrepsíades é un home vello e ademais rústico, así que esquece todo o que aprende.
 
As Nubes dinlle que vaia buscar ao seu fillo por ser máis novo e guapo, así Estrepsíades convénceo para que aprenda os dous argumentos nun diálogo onde o fillo sostén opinións antigas e o pai as opinións novas. Despois Sócrates dille que este será ensinado por ambos os argumentos, e gaña o argumento inxusto. Así Fidípides aprende o argumento inxusto e o seu pai lévao a casa. Logo chegan os prestamistas e Estrepsíades non lles teme e di que non lle pagará confiando no seu fillo que gañará grazas ao argumento inxusto. Logo o seu fillo, que foi corrompido, sae perseguindo ao pai para lle pegar. Ao final Estrepsíades xunto ao seu escravo toma vinganza de Sócrates e obrígao a fuxir do Matinadoiro por ter incendiado o local.
 
== A visión de Sócrates e os sofistas ==
Aristófanes como ateniense [[Conservadorismo|conservador]] vía na sofística un perigo, xa que segundo a opinión corrompía á mocidade. Así, este situou a Sócrates dentro dos sofistas como un dos representantes e facendo converxer nel non só o socratismo (Aristófanes na obra fala da [[aporía]] e unha serie de referencias máis sobre o venerábel filósofo [[Atenas|ateniense]]), senón tamén todas as artes [[Sofista|sofísticas]] ([[retórica]], [[astronomía]], [[música]], etc). Así preséntanos un Sócrates moi distinto do ancián xusto e sabio da [[Apoloxía (Platón)|''Apoloxía'']] de [[Platón]] e da de Xenofonte, e moi afastado da crítica aos sofistas doutros [[Diálogo platónico|diálogos platónicos]] como [[Protágoras (diálogo)|''Protágoras'']], ou das ''[[Memorables]]'' de [[Apoloxía de Sócrates (Xenofonte)|Xenofonte.]] Aínda que na [[Historia da filosofía occidental|historia da filosofía]] e a tradición sempre rexeitaron a imaxe do [[Sócrates]] de [[Aristófanes]], na actualidade esa imaxe do astronomosofista aínda que non é aceptada totalmente, recoñécese que hai algo de certo.[cita [[wikipedia:Verificabilidade|''<nowiki>requirida]</nowiki>'']]
Liña 18 ⟶ 23:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* Pablo Cavallero et al, ''Aristófanes. Nubes'' (Edición Bilingüe). Facultad de Filosofía y Letras, [[Universidad de Buenos Aires]], 2007.
* Óscar Velásquez. ''Aristófanes: Nubes''. [[Editorial Universitaria]], Santiago de Chile, 2005.
* Luis M. Macía Aparicio, ''Aristófanes. Comedias'', I, II y III. Ediciones Clásicas. Madrid.
* {{cita libro|nome-editor=M. C. |apelido-editor= Howatson|autor= VV. AA.|título= Dictionnaire de l'Antiquité|lugar= París|editorial= Robert Laffont|ano= 1993|lingua= francés|isbn= 2221068009}}
 
Liña 27 ⟶ 32:
* Texto español en [[Scribd]].
* Texto [[Lingua inglesa|inglés]], con índice electrónico, no [[Proxecto Perseus|Proxecto Perseus.]] Na parte superior dereita atópanse os rótulos activos "''focus''" (para cambiar ao texto [[Lingua grega antiga|grego]]) e "''load''" (para o texto bilingüe).
* Texto bilingüe [[Lingua grega antiga|grego]] - [[Lingua francesa|francés]] no sitio de Philippe Remacle (1944 - 2011)
** Fragmento: O xusto e o inxusto (961 - 1023); texto bilingüe alterno grego - francés no mesmo sitio.
*** Texto grego das nubes en [[Galifontes|Wikisource]].
[[Thomas R. Martin]]: ''An Overview of Classical Greek History from Mycenae to Alexander'' (''Panorama da historia da Grecia Antiga desde a'' [[Período micénico|''época micénica'']] ''até a de'' [[Alexandre o Grande|''Alexandre'']]); texto inglés, con índice electrónico, no Proxecto Perseus.
* ''Aristophanes on Socrates'' (''Aristófanes sobre'' ''[[Sócrates]]'').