Vascóns: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Basque tribes.png|300px|miniatura|dereita|Localización da tribo dos vascóns.<br /> ·Vermello: Tribos [[preindoeuropeos|preindoeuropeas]]<br /> ·Azul: Tribos [[celtas]]]]
 
Os '''vascóns'''<ref>{{DRAG|vascón}}</ref> (ou tamén en [[Lingua latina|latín]] ''gens vasconum'' - pobo dos vascóns) foron un pobo da [[Idade Antiga]] cuxo territorio abranguía en tempos dos [[Imperio Romano|romanos]] dende o alto val do río [[Ebro]] e a vertente [[Península Ibérica|peninsular]] dos [[Pireneos]] occidentais, a rexión que se corresponde na época contemporánea coa práctica totalidade de [[Navarra]] e áreas do noroeste de [[Aragón]] e nordés de [[A Rioxa]].<ref>Autores clásícos, como Tito Livio citan a Calagurris, Cascantun e Grakurris como vasconasvascoas, aínda que pola súa situación fronteiriza, tamén puideron ser celtíberas en segundo que momentos.</ref>
 
Os vascóns, que alcanzaron un elevado grao de integración no mundo romano especialmente nas terras chairas, ribeiregas do río [[Ebro]] e nas áreas na contorna dos seus asentamentos de ''[[Pamplona|Pompaelo]]'' e ''[[Oiasso]]'', poboaron a rexión máis norteña e montañosa, coñecida como o ''Vasconum Saltus'', durante a crise económica e social que acompañou á descomposición do ''Imperium'' e a presión causada polas [[Invasións bárbaras|grandes migracións]] de pobos [[Xermanos|xermánicos]] e [[eslavos]] de comezos do [[século V]], entrando posteriormente en conflito en diversas ocasións cos reinos dos [[visigodos]] e [[francos]] formados en ambas as dúas vertentes dos Pireneos.