Conca do Sistán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
 
Liña 1:
{{Coordenadas|29|50|07|N|61|56|30|E|display=title}}
[[Ficheiro:Afghanistan.A2003266.0625.500m.jpg|miniatura|240px|Vista satélite da rexión.]]
A '''conca do Sistán''' é unha [[conca endorreica]] interior que comprende gran parte do suroeste de [[Afganistán]] e do sueste de [[Irán]], unha das rexións máis secas do mundo e unha área sometida a unha prolongada seca. Esta [[Conca fluvial|conca hidrográfica]] está formada por un sistema de ríos que flúen dende as montañas de Afganistán até desaugar nun conxunto de lagos de auga doce e áreas pantanosas; estes, á súa vez, en época de grandes choivas desbordan e acaban fluíndo na depresión salina de Godzareh, en Afganistán, o destino final. O [[río Helmand]] drena a maior conca hidrográfica, alimentada principalmente polo desxeo das montañas de [[Hindu Kush]], mais outros ríos contribúen tamén.<ref name="postconflict">{{Cita web|url=http://postconflict.unep.ch/publications/sistan.pdf|título=History of Environmental Change in the Sistan Basin 1976 - 2005|data-acceso=05 de febreiro de 2019|data-arquivo=07 de agosto de 2007|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20070807214557/http://postconflict.unep.ch/publications/sistan.pdf|url-morta=yes}}</ref><ref>{{Cita web|url=http://www.iwlearn.net/iw-projects/Fsp_112799470223|título=Restoration, Protection and Sustainable Use of the Sistan Basin}}</ref>
 
Un outeiro de basalto, coñecida como [[monte Khajeh]], érguese xunto ós lagos e pantanos da conca.
 
== Importancia ecolóxica ==
Dado que a economía da rexión se basea na agricultura, a subsistencia depende do desxeo e as precipitacións nas altas montañas para manter a saúde da conca do Sistán e as súas [[Zona húmida|zonas húmidas]]. Esta fonte de auga varía moito co tempo, o que provoca problemas fundamentais para a supervivencia dos asentamentos humanos na zona. Unha severa seca comezou a finais do século XX e durou seis anos, até 2005, con consecuencias extremas para a poboación.<ref name="postconflict">{{Cita web|url=http://postconflict.unep.ch/publications/sistan.pdf|título=History of Environmental Change in the Sistan Basin 1976 - 2005}}</ref>
 
A supervivencia económica da rexión depende dos produtos da zona húmida. Por exemplo, os leitos de xunqueiras achegan alimento para o gando, combustible para cociñar e quentarse, e materias primas para estruturas e artesanías. A dispoñibilidade de auga afecta os ingresos derivados da pesca e da caza, unha importante fonte de ingresos. O resultado da seca foi o colapso da economía local, así como a destrución do sistema ecolóxico das zonas húmidas, causando danos á agricultura no delta que se basea na irrigación desde o río Helmand.<ref>{{Cita web|url=http://www.envirosecurity.org/actionguide/view.php?r=110&m=publications|título=History of Environmental Change in the Sistan Basin|editorial=www.envirosecurity.org|data-acceso=05 de febreiro de 2019|urlarquivo=https://web.archive.org/web/20070929044308/http://www.envirosecurity.org/actionguide/view.php?r=110&m=publications|dataarquivo=29 de setembro de 2007|urlmorta=yes}}</ref>