Abd al-Rahman III: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
RubenWGA (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «e falecido»
Sen resumo de edición
Liña 3:
|nome=|imaxe=Dirham abd al rahman iii 17494.jpg|descrición =Dirham de Abderramán III.
}}
'''Abd al-Rahman III'''<ref>{{Diciopedia|Abd al-Rahman|1|22}}</ref> ou '''Abderramán III'''<ref>A ''[[Diciopedia do século 21]]'' recolle a primeira forma como principal</ref>, nado en [[Córdoba, España|Córdoba]] en [[889]] e finado en [[961]], foi o oitavo [[emir]] de [[Córdoba, España|Córdoba]] e, despois, o primeiro califa de [[al-Ándalus]] (de [[912]] a [[961]]). É considerado o maior e máis exitoso dos príncipes da [[dinastía Omeia]] na [[Península Ibérica]].
== Traxectoria ==
Ascendeu ó trono apenas con vinte e dous anos e reinou cerca de medio século. A súa vida está de tal forma identificada co goberno do seu estado que acabamos por ter máis material biográfico sobre o seu antecesor [[Abd al-Rahman I|Abderramán I]], que sobre si, innegablemente máis importante no plano histórico. Era neto de [[Abdallah ibn Muhammad]], outro gran líder hispánico dos Omeias, a quen sucedeu. Estableceu o '''paso do emirato o califato''' de [[Córdoba, España|Córdoba]] no ano [[929]]. O emir '''Abd-al-Rahman III''' decidiu proclamarse [[Califa]], cargo no que que confluían o poder político e o relixioso. [[Al-Andalus|Al-Ándalus]] xa era completamente independente de [[Bagdad]].