Río Ohio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «rio»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Xorxe»
Liña 29:
O val do Ohio foi controlado polos franceses no seo do territorio de [[Nova Francia]]. Entón chamóuselle o «Río Belo». A súa importancia era estratéxica, porque permitía unir a [[Luisiana (Nova Francia)|Luisiana francesa]] con [[Canadá]]. Foi fortificado entón polas autoridades do lugar.
 
O 19 de maio de [[1749]], o rei [[XorxeXurxo II de Gran Bretaña]] autorizou á Compañía de Ohio para o comercio de peles nos terreos cerca do río. A cidade de Louisville, en Kentucky, foi posteriormente fundada cerca do único obstáculo natural á navegación, as cataratas do Ohio. Tratábase dunha serie de rápidos onde o río fluía sobre calcaria moi dura, rica en fósiles. Para vadear o obstáculo, construíron esclusas. Nos nosos días, as esclusas e unha [[Central hidroeléctrica|presa hidroeléctrica]], a presa McAlpine, están instaladas neste lugar.
 
Logo da independencia das [[Trece Colonias]] (1776), unha serie de disposicións organizaron o recorte dos territorios no norte do Ohio, cedidos por Virxinia aos Estados Unidos. A disposición de [[1785]] organizou o recorte en "townships" dos territorios situados no noroeste. Ohio foi un dos primeiros estados organizados segundo este sistema.