Lockheed Constellation: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «pedíu»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Segunda Guerra Mundial»
Liña 17:
}}
 
O '''Lockheed Constellation''' foi un avión de pasaxeiros estadounidense moi popular durante os anos 50. Realizou o seu primeiro voo o [[9 de xaneiro]] de [[1943]] como transporte militar baixo a denominación C-69, ao ser requisados os primeiros avións fabricados polos militares debido á [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]].
 
== Deseño ==
O Constellation foi deseñado polo enxeñeiro de [[Lockheed]] Kelly Johnson, aínda que estaba baseado nun deseño semellante mercado ao construtor británico Fairey. A Lockheed construíuno segundo especificacións da aeroliña [[TWA]], que nese tempo era propiedade do famoso [[Howard Hughes]].
 
A [[Segundasegunda Guerraguerra Mundialmundial]] comezou para os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] antes de que o prototipo fixese o seu primeiro voo, e os primeiros aparatos en saír da factoría foron requisados e entregados á [[USAAF]], que os usou coa denominación C-69. O primeiro prototipo seguiu lucindo as cores da [[TWA]] con motivos publicitarios, a pesar de pertencer aos militares, e foi usado por [[Howard Hughes|Hughes]] para bater unha marca de voo transcontinental en [[1944]].
 
A súa primeira versión civil, o L-049 Constellation, entrou en servizo en [[1946]], despois de rematada a guerra, coas aeroliñas estadounidenses [[TWA]], que financiou grande parte do seu desenvolvemento, e [[Pan Am]], a cal realizou os primeiros servizos transatlánticos co Constellation. Este modelo inicial tiña unha capacidade de entre 43 e 60 pasaxeiros. Versións posteriores, o L-649 e o L-749, tiveron unha capacidade de pasaxe, unha potencia e unha autonomía maiores, e a partir delas desenvolveuse o L-1049 Super Constellation.