Televisión de Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 9:
A programación da TVG emítese integramente en [[galego]] para todo o territorio, agás a publicidade que durante moito tempo emitiuse predominantemente en [[lingua castelá|castelán]], con todo os últimos datos mostran que a publicidade en galego xa é o 50% do total. Non obstante, a primeira canle televisiva en emitir en [[galego]], malia que parcialmente, foi o Centro Territorial de [[RTVE]] en [[Galiza|Galicia]].
 
A TVG forma parte da [[FORTA]], unha federación de diferentes televisións autonómicas do estado español. O actual director da TVG, [[Suso Iglesias]], nunha entrevista do [[Faro de Vigo]] (febreiro de [[2007]]) afirmou que no [[2008]] porase en marcha a segunda cadea da Galega, pese a que xa se apuntara noutrora que ía ser no [[2006]] e, co anterior director, no [[2005]]. Iglesias apuntou que o proxecto do modelo está a se redactar, mais que a intención é a especialización de contidos infantís, xuvenís e culturais. Posteriormente, nun foro organizado pola Academia Galega do Audiovisual, Iglesias anunciou a creación dunha canle de noticias no [[2009]] e dunha cuarta canle posterior sen confirmar temática.
 
==Programación==