Thelonious Monk: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «marcharse»
Liña 21:
A súa familia trasladouse pouco despois a [[Manhattan]] ([[Nova York]]). Nese apartamento viviría até o final dos seus días. Comezou a tocar o piano á idade de seis anos e aínda recibiu algunha educación musical, foi esencialmente un autodidacta; as súas primeiras influencias foron dos grandes pianistas de corte ''[[stride]]'', [[James P. Johnson]] e [[Willie "The Lion" Smith]]. Durante a súa adolescencia comezou a traballar nalgúns ''rent parties'' tocando o [[órgano (instrumento)|órgano]] e o [[piano]] na [[igrexa bautista]]. Estudou no instituto Stuyvesant, se ben nunca chegou a graduarse.
 
En 1935, decidiu marcharsemarchar de viaxe a percorrer o mundo acompañando co [[piano]] a un predicador [[Igrexa Evanxelista|evanxelista]]. Despois de dous anos, regresou á súa cidade e formou o seu propio cuarteto, actuando en diversos clubs até que en 1941 o batería [[Kenny Clarke]] elixiuno como pianista da casa para tocar no ''Minton's Playhouse'', o lendario club de [[Manhattan]] no que se enxendraría o [[bebop]]. O seu estilo na época é descrito como "hard-swinging", con marcadas influencias de [[Art Tatum]], [[Duke Ellington]], [[James P. Johnson]] e outros pianistas.
 
Durante a súa estancia no ''Minton's'', Monk foi perfeccionando o seu estilo único, participando nas sesións chamadas "cutting competitions", cos máis renomeados solistas da época. Durante eses anos, Monk entrou en contacto con músicos como [[Dizzy Gillespie]], [[Charlie Parker]], [[Miles Davis]], [[Sonny Rollins]], [[Milt Jackson]] e [[John Coltrane]], que estaban sentando as bases do ''[[bebop]]''. En 1944 realizou as súas primeiras gravacións con [[Coleman Hawkins]] Quartet. En 1947, gravou por primeira vez como líder da súa propia banda, e publicou o seu LP de debut, ''Genius of Modern Music, Vol. 1'', que mostraba o seu talento tanto para a composición como para a improvisación. Ese mesmo ano casou con [[Nellie Smith]], e en 1949 o matrimonio tivo un fillo, [[T.S. Monk]], que sería batería de [[jazz]]. A súa filla Bárbara naceu en 1953.