Miopía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «espertarse»
 
Liña 41:
Para que os miopes poidan enfocar os obxectos afastados sobre a retina, débese interpor entre esta e o obxecto unha lente diverxente ou negativa, xa sexa na forma de lente normal, de contacto ou lente intraocular. Outra posibilidade é alterar o valor dióptrico da córnea reducindo o seu espesor mediante cirurxía con láser. Pódense aplicar varias técnicas, como a PKR, LASIK, LASEK, EPILASIK ou RELEX-SMILE. Cando non é posible a cirurxía láser para corrixir o defecto e o paciente non desexa utilizar lentes, pode realizarse unha intervención mediante a cal se coloca unha lente intraocular.
 
Desde hai máis de 30 anos utilízanse lentes de contacto nocturnas que moldean a córnea e modifican o seu poder dióptrico pola presión que exercen. Estas lentes quítanse ao espertarseespertar pola mañá e o paciente pode ver perfectamente durante todo o día sen necesidade de lentes. O tratamento coñécese como ortoqueratología. Situouse como unha dos tratamentos máis efectivos para controlar a subida de miopía en nenos e adolescentes, xa que numerosos estudos mostran que retarda a subida de miopía até nun 43%.<ref>CHO, P. & CHEUNG, S. W. 2012. Retardation of myopia in Orthokeratology (ROMIO) study: a 2-year randomized clinical trial. Invest Ophthalmol Vis Sci, 53, 7077-85. {{En}}</ref><ref>HIRAOKA, T., KAKITA, T., OKAMOTO, F., TAKAHASHI, H. & OSHIKA, T. 2012. Long-term effect of overnight orthokeratology on axial length elongation in childhood myopia: a 5-year follow-up study. Invest Ophthalmol Vis Sci, 53, 3913-9. {{En}} </ref><ref>WALLINE, J. J., JONES, L. A. & SINNOTT, L. T. 2009. Corneal reshaping and myopia progression. Br J Ophthalmol, 93, 1181-5. {{En}}</ref><ref>CHO P, CHEUNG SW, EDWARDS M. The Longitudinal Orthokeratology Research In Children (LORIC) in Hong Kong. A pilot study on refractive changes and myopic control. Curr Eye Res 2005;30:71-80 {{En}}</ref> O efecto da ortoqueratología (orto-k) é reversible se o paciente deixa de usar as lentes de contacto pola noite. En adultos mostrouse como unha alternativa real á cirurxía refractiva.
 
Cando hai unha gran diferenza de refracción entre un ollo e outro (anisometría), o ollo de maior gradación corre o perigo de non desenvolver por completo o seu potencial. O uso da corrección adecuada pode mellorar a visión do ollo afectado se se realiza durante a infancia, antes de que termine o desenvolvemento visual.