Río dos Gafos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
MJSB73MP (conversa | contribucións)
m engadidos outros artigos relacionados
mSen resumo de edición
Liña 10:
}}
 
O '''río dos Gafos''' é un curso fluvial galego, de 10,83 km de longo, que desemboca na [[ría de Pontevedra]]. Transcorre en boa parte paralelo á [[Camiño portuguésPortugués|vía portuguesa]] do [[Camiño de Santiago]]. Agás nos seus últimos 600 metros, ten unha orientación sur-norte, cousa estraña nun río das [[Rías Baixas]].
 
== Toponimia ==
Liña 23:
O seu caudal está marcado pola pluviosidade das estacións do ano. Se ben en outono e inverno adoita ir cargado, no verán leva menos auga, en parte tamén polo uso excesivo das súas augas para o rego de leiras e predios, ben con canles, ben mediante bombeo.
 
O seu leito adoita transcorrer á beira de asentamentos humanos, polo que as súas marxes se ven acotío alteradas pola agricultura, as obras públicas e as infraestruturas. Estes cambios implican danos, ás veces irreparables, e o río sofre un grande impacto de fertilizantes, pesticidas e herbicidas que afectan á biodiversidade. A pesar destes impactos e da súa proximidade a importantes núcleos de poboación, o río mantén un importante valor ecolóxico; destacando a presenza de lontras como bioindicador do actual bo estado das augas.<ref>{{cita novas|url=http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2007/10/07/0003_6206482.htm|título=Lontras no río dos Gafos|xornal=[[La Voz de Galicia]]|data=7 de outubro de 2007}}</ref>.
 
== Biodiversidade ==
No biotipo das áreas naturais, na primeira parte do seu percorrido, o río transcorre por zonas de sotobosque con [[fento]]s, [[lique]]s, [[brión]]s, [[silveiraRubus ulmifolius|silveiras]]s, [[xilbarbeiraXibarda|xilbarbeiras]]s e mesmo [[lúpulo]], con plantas e arbustos como [[estripoEstripeiro|estripos]]s, [[abruñeiro]]s, e [[loureiro]]s.
 
Nos seus bosques de ribeira hai bastante diversidade, podendo dividirse estes en tres categorías:
Liña 38:
Ten un total de 16 pontes, e ata mediados do século XX funcionaron lavadoiros e muíños. Desde a década dos 60, no barrio pontevedrés de Campolongo flúe por un treito soterrado de canalización durante 525 metros.
 
Unha das súas pontes, a ponte do Couto, sita nas proximidades da estación de autobuses de Pontevedra, foi considerada durante moito que orixinara xunto coa ''Ponte do Burgo'' (sobre o [[Río Lérez, ría de Pontevedra|río Lérez]]) a denominación de ''Ad Duos Pontes'', nome da vila romana que se cría xermolo da cidade de Pontevedra. Porén, na actualidade esta teoría está desbotada.<ref>{{cita novas|url=http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/04/08/0003_6714168.htm|título=Unha ponte con moita historia, sepultado baixo un poboado|xornal=La Voz de Galicia|data=8 de abril de 2008}}</ref>.
 
Dado que ata o século XX non houbo auga corrente nas casas (a primeira foi o Palacete dos Mendoza no 1897), as súas augas foron utilizadas como lavadoiros públicos, sendo moi concorridos xa que estaba prohibido lavar no curso do Lérez. Con posterioridade estes lavadoiros terían maiores comodidades, contando incluso con luz eléctrica.