Pío XII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «archiduque»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Santa Sede»
Liña 56:
Como sacerdote, foi asignado a Chiesa Nuova, onde servira como acólito, pero en 1901 ingresou na Congregación de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios, dependente da Secrearía de Estado vaticana, como ''minutante'' grazas á recomendación do cardeal Vannutelli.
 
En 1904, Pacelli foi nomeado chambelán e en 1905 prelado doméstico da Súa Santidade; entre 1904 e 1916, asistiu ao cardeal Gasparri na codificación do Dereito Canónico no Departamento de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios. En 1908, representou a Santa Sede no Congreso Internacional Eucarístico en [[Londres]], e posteriormente, en 1911, na coroación de Xurxo V de [[Inglaterra]].
 
Adscrito xa á diplomacia vaticana, foi nomeado subsecretario de Estado en 1911, e secretario adxunto en 1912 (cargo para o que foi designado por [[Pío X]] e confirmou [[Bieito XV]]); en 1914, secretario de Asuntos Eclesiásticos Extraordinarios en substitución de Gasparri, promovido a Cardenal Secretario de Estado.
Liña 68:
En 1929 [[Pío XI]] créao cardeal presbítero de San Xoán e San Paulo, e após a dimisión de Gasparri, Secretario de Estado debido ao seu satisfactorio labor no dicasterio alemán pero fundamentalmente polo seu coñecemento da política alemá nuns tempos especialmente complicados, en pleno ascenso do [[Partido Nazi|partido nacional-socialista]].
 
Pacelli negoció e asinou os concordatos entre a Santa Sede e o ducado de Baden (1932), a república de [[Austria]] (1933), o reino de [[Iugoslavia]] (1935), e moi destacadamente con Alemaña, tratado este último que segue vixente na actualidade.
 
Como Secretario de Estado unha das súas máis significativas actuacións foi a participación na elaboración, a instancias dos bispos alemáns, da encíclica ''Mit brennender Sorge'', que supuxo unha dura condena por parte do Papado das políticas do réxime nazi. O texto inicial correu a cargo de Michael von Faulhaber, cardeal arcebispo de [[Múnic]] e Freising, e ao parecer a versión definitiva debeuse a Pacelli. Con data de 14 de marzo de 1937, o documento foi lido en todas as igrexas de Alemaña o Domingo de Ramos, provocando as iras de [[Hitler]] e do aparato de propaganda ideolóxica de Goebbels.