Eduardo Chao: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «xeneral»
Liña 11:
Foi deputado por [[Provincia de Ourense|Ourense]] (1854) nas Cortes que non chegaron a aprobar unha nova constitución. Escribiu nos periódicos madrileños ''Revista Químico-Farmacéutica'' (1850-1851) e ''La Discusión'' (1856) e dirixiu ''El Crédito'' (1858-1865) e ''El Correo de España'' (1862), dedicado especialmente ás cuestións de Ultramar. Dirixiu, tamén, os dous volumes do ''Diccionario enciclopédico de la lengua española'' (Madrid: Gaspar y Roig, 1853 e 1855) e ''Los tres reinos de la naturaleza'', unha xigantesca enciclopedia de [[ciencias naturais]] en nove volumes (1853-1858).
 
Cando triunfou a [[Revolución de 1868]] foi nomeado membro da Xunta directiva de Telégrafos e despois director xeral, pero volveu renunciar ao seu posto ao ver ao seu partido aínda moi lonxe do poder. Volveu ser elixido deputado polo distrito de Ourense en 1869 e por Vigo en 1871 e 1872. Foi elixido senador polas provincias de [[Alacant]], [[Barcelona]] e [[Xirona]] en 1872, optando por Xirona. Proclamada a [[Primeira República Española|República]] en 1873, volveu ser elixido deputado por O Carballiño, Ponteareas e Vigo (optou polo distrito de Vigo), foi ministro de Fomento no Goberno republicano presidido por [[Nicolás Salmerón]] (1873) e redactou con el un ''Proyecto de bases de la constitución republicano-federal de España'' (1873). O seu breve labor no ministerio foi intensaintenso, creou a comisión do ''[[Mapa Xeolóxico da Península Ibérica]]'' dirixida polo xeneral [[Ibáñez de Ibero]] e a Xunta do [[Canal Imperial de Aragón]], organizou as [[Xuntas de Portos]], procurou descentralizar os servizos de obras públicas e ditou varias disposicións sobre estradas e inspección de ferrocarrís. Impulsou un ''[[Plan Xeral de Instrución Pública]]'' elaborado por [[Juan Uña]], director xeral desa materia, baixo a inspiración das ideas do [[Krausismo|krausista]] [[Francisco Giner de los Ríos]]. Fundou a ''Biblioteca Ilustrada Gaspar y Roig'' e a ''Biblioteca del Hombre libre'', da súa propiedade.
 
Como historiador propúxose continuar ata 1849 coa sección "Historia contemporánea" a ''Historia general de España'' (1601) do xesuíta manchego [[Juan de Mariana]], xa anteriormente continuada por [[José Manuel Miñana]], o [[Conde de Toreno]] e [[Antonio Cánovas del Castillo]] (1848). Incluía neste traballo histórico, entre outras críticas ao [[monarquismo]], a súa tendencia ao [[centralismo]], que fixo impoñer en Madrid a capital do Estado e a súa abolición da [[foralidade]]. No momento do seu pasamento, estaba designado para dirixir o periódico ''La Justicia''.<ref>''Cf.'' Manuel Ossorio y Bernard, ''Ensayo de un catálogo de periodistas españoles del siglo XIX'', Madrid, 1904, p. 99.</ref>