Sebastián, mártir: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «amenazouno»
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «sú»
Liña 11:
Educouse en [[Milán]]. Cumpría coa disciplina militar, mais non participaba nos sacrificios [[paganismo|pagáns]] por consideralos [[idolatría]]. Coma cristián, exercitaba o apostolado entre os seus compañeiros, visitando e alentando a outros cristiáns encarcerados por mor da súa relixión. Acabou por ser descuberto e denunciado ao emperador [[Maximiano]] (amigo de Diocleciano), quen o obrigou a escoller entre ser soldado ou seguir a [[Xesús Cristo]].
 
O santo escolleu seguir a Cristo. Decepcionado, o emperador ameazouno de morte, porén Sebastián mantívose firme na súa fe. Enfurecido, condeouno a morrer asetado. Os soldados do emperador levarono ao estadio, espírono, atárono a un poste, e dispararon unha choiva de [[seta]]s, dándoo por morto. Porén, os seus amigos achegáronse e, ao velo aínda con vida, levárono á casa dunha nobre cristiá romana chamada de Irene ou Erea, dona de [[Cástulo (mártir)|Cástulo]], que o mantivo agochado e curoulle as feridas até que quedou restablecido.
 
Os seus amigos aconsellárono de se ausentar de [[Roma]], mais Sebastián negouse rotundamente. Presentouse perante o emperador, quen, desconcertado, dábao por morto, e reprochoulle enerxicamente a súa conduta por perseguir aos cristiáns. Maximiano mandou que o apaleasen até morrer, e os soldados cumpriron desta vez sen erros a misión, botando o seu corpo na [[Cloaca Máxima]] de Roma. Os cristiáns recollérono e soterrárono na [[Vía Apia]], na célebre [[catacumba]] que leva o nome do santo. Finou no ano [[288]].