Frodo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Manudosde (conversa | contribucións)
Liña 26:
 
== Traxectoria ==
O hobbit Frodo Bulseiro, fillo de Drogo Bulseiro e Prímula Brandigamo, naceu o 22 de setembro do ano 2968 da [[Terceira Idade (Tolkien)|TI]]. Pasou a súa infancia en [[Casa BrandiBrandilar]], vivindo coa familia de súa nai.
 
Os pais de Frodo morreron cando este tiña 12 anos, nun accidente mentres navegaban nun bote. As causas do accidente son incertas: todo parece indicar que Drogo acabara de cear, e o seu peso fixo afundir a embarcación, se ben algúns pensan que o hobbit empurrou á esposa á auga, e esta agarrouno con ela.
 
No ano 2989 TI, Frodo é adoptado polo seu tío [[Bilbo Bulseiro]], e marcha a vivir con el a [[Vila Bulsa]]. Moi pronto Bilbo realiza os trámites necesarios para converter a Frodo no seu herdeiro, o que causa malestar nos Sacovila-Bulseiro, que agardaban ser os donos de Vila Bulsa cando Bilbo morrese.
 
O 22 de setembro do ano 3001, Frodo cumpre a maioría de idade (que entre os hobbits é de 33 anos), e pasa á posesión oficial da herdanza de Bilbo. Ese mesmo día, Bilbo cumpre 111 anos e abandona a comarca e viaxa a [[Valfendido]] a pasar os seus días alí. Entre a herdanza que Bilbo deixou a Frodo atópase o Anel Único. Gandalf dálle unha leve explicación sobre o poder deste obxecto, e pídelle a Frodo que evite ó máximo o seu uso.