Josef K: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «gran influencia»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «pulida»
Liña 4:
 
== Historia ==
A banda naceu no ano [[1979]] orixinalmente co nome TV Art. Foi fundada por Paul Haig (voces, guitarra) e Ronnie Torrance (batería), aos que se lles uniron Malcolm Ross (guitarra, teclados) e Gary McCormack (baixo). McCormack marchou pouco despois, uníndose posteriormente a [[The Exploited]], e foi substituído por David Weddell.<ref name=":0">Strong, Martin C. (2003) ''The Great Indie Discography'', Canongate, <nowiki>ISBN 1-84195-335-0</nowiki>, p. 386</ref><ref name=":1">Larkin, Colin (1998) ''The Virgin Encyclopedia of Indie & New Wave'', Virgin Books, <nowiki>ISBN 0-7535-0231-3</nowiki>, p. 232</ref> Tras gravar unha demo de dez temas, o seu primeiro lanzamento foi o sinxelo "Romance"/"Chance Meeting", editado a través do selo do batería de [[Orange Juice]] Steven Daly, Absolute, no mes de decembro dese ano.<ref name=":0" /><ref name=":1" /> Posteriormente asinaron un contrato con Postcard Records, o selo fundado por Daly e Alan Horne, publicando unha serie de aclamados sinxelos en [[1980]] e [[1981]].<ref name=":0" /><ref>Reynolds, Simon (2005) ''Rip It Up and Start Again: postpunk 1978–1984'', Faber & Faber, <nowiki>ISBN 978-0-571-21570-6</nowiki>, p. 349</ref> A banda gravou o seu álbum de estrea, ''[[Sorry for Laughing]]'', en 1981 nos Castle Sound Studios en [[Pencaitland]], pero foi abandonado ao quedar a banda pouco contenta coa produción limpa e pulidapuída. Haig describíuno como se soase "chan e desinfectado", editando só unhas poucas copias. O grupo regresou ao estudio en [[Bélxica]] para gravar ''[[The Only Fun in Town]]'', optando por un son máis "ao vivo" e gravando todo o traballo en dous días. Haig posteriormente expresou un certo grao de arrepentimento dicindo: "decidimos facer un disco case inaudible coas voces mesturadas moi baixo". Foi o seu único álbum mentres estiveron xuntos, e aínda que funcionou ben na lista independente británica, tivo unha pobre recepción da crítica. O seu anterior traballo ''Sorry For Laughing'' foi finalmente lanzado nunha reedición en CD no ano [[1990]] de ''The Only Fun in Town''.<ref name=":0" />
 
A banda separouse antes de publicar o sinxelo de [[1982]] "The Farewell Single" a través do selo [[Les Disques du Crépuscule]], que incluía a canción das Peel Sessions "The Missionary". Haig decidiu parar a banda mentres se atopaba nun pico de cratividade. Torrance uníuse a [[Boots for Dancing]] e posteriormente (con Weddell) formou [[The Happy Family]] con Nick Currie.<ref name=":0" /> Haig inicou unha longa carreira en solitario, publicando unha serie de álbums a través do seu propio selo, Rhythm of Life, entre 1984 e [[2008]], mentres que Malcolm Ross uníuse a [[Orange Juice]] e despois tocou con [[Aztec Camera]] e [[Blancmange]] antes de iniciar unha carreira en solitario. Ross e Weddell reuníronse posteriormente en Magic Clan.<ref name=":0" />