Batalla de Salamina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ca»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «emprazamento»
Liña 17:
Aínda con tódolos gregos unidos en Salamina, as súas forzas eran moi inferiores ás persas, aínda estando estas decimadas tralas tormentas do [[Mar Exeo]] e combates contra gregos: unhas 350 naves (a maioría [[trirreme]]s) fronte a unhas 1500 naves persas, chamadas [[xunco]]s, nas que ían embarcados, segundo [[Heródoto]], 85000 e 300000 homes respectivamente.
 
Temístocles sabía que a simple unión dos gregos non vencería ós persas, así que enviou un escravo ó campamento de Xerxes para enganalo. A mensaxe que levaba o escravo era a mentira de que os gregos non estaban unidos en canto óá emprazamentolocalización onde debían presentar batalla, e que moitos, temorosos, fuxirían antes de chegar a frota persa. Ademais, díxolle que, si Xerxes ordenaba o ataque, as naves atenienses (a maior parte da frota grega) volveríanse e atacarían ós demais gregos.
 
Xerxes creu o engano de Temístocles, polo que cercou a saída da illa de Salamina. A opinión dos seus conselleiros estaba dividida en canto que deber facer agora que a illa estaba cercada. O seu xeneral [[Mardonio]] prefería iniciar un ataque fronte as posicións gregas, mentres que [[Artemisia I de Caria]], aliada dos persas, cría que as pesadas naves persas se desenvolverían mal nas recortadas costas de Salamina, polo que aconsellou a [[Xerxes I]] que esperase a que os gregos quedasen sen provisións e se rendesen. Xerxes fixo caso ó consello de [[Mardonio]].