Inquisición española: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Zaosbot (conversa | contribucións)
m etc./espazos seccións/ espazos citas (via JWB)
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Capitán xeral»
Liña 43:
O Tribunal da Inquisición de Santiago de Compostela tivo unha primeira fase de existencia entre 1520 e 1530 e dependía directamente do Tribunal de Valladolid, máis foi logo que se disolveu. No 1560 o entón inquisidor de Valladolid, Quijano del Mercado, visita Compostela coa intención de reinstalar un tribunal mais, trala fría acollida por parte das institucións civís e do cabido da catedral de Compostela, rematou por desistir, aínda que o intentou noutras dúas ocasións en 1564 e 1566 sen encontrar nunca un ambiente institucional favorábel. Estes fracasos pódense explicar de distintas maneiras. Para [[Isidoro Millán Mariño]],<ref>Millán Mariño (1938), p. 304-305</ref> o propósito esencial de estabelecer un tribunal da Inquisición en Compostela non era, na realidade, o perseguimento dos protestantes e conversos casteláns ou dos evanxelizadores protestantes do norte da Europa que chegaban aos portos galegos, senón a necesidade de criar na nosa terra un Tribunal de Estado que servise para terminar a campaña de sometemento social e político dos galegos á autoridade real. Con efecto, entre os problemas achados polos inquisidores estaba a dificultade tanto para encontrar na cidade un predio acaído para a súa sede e as súas actividades de tribunal e arquivo, de residencia dos funcionarios e de prisión e cámaras de tortura, coma pola escasa dispoñibilidade dos propietarios para chegar a un acordo coa institución<ref>{{Cita libro|título=El Santo Oficio de la Inquisición de Galicia, 1560-1700. Poder, sociedad y cultura.|apelidos=Contreras|nome=Jaime|editorial=Akal|ano=1982|lingua=español|ano-orixinal=1982}}</ref>. Mais como sucedeu noutras cidades, finalmente atoparon acomodo no pazo dun nobre absentista: [[Alonso de Zúñiga e Acevedo Fonseca]], conde de Monterrei. Pola súa parte, o historiador [[Antonio López Ferreiro|López Ferreiro]]<ref>Millán Mariño (1938), p. 304</ref> subliña a grande oposición, especialmente en círculos eclesiásticos composteláns, ao estabelecemento do tribunal mesmo nunha época marcada polo fanatismo de dous dos mais temíbeis inquisidores xenerais: o asturiano [[Fernando Valdés y Salas|Fernando Valdés]] (1547-1568) e o castelán Diego de Espinosa (1568-1572). Porén, a chegada definitiva do Tribunal foi en 1574 cando o castelán Francisco Blanco tomou posesión da cadeira da igrexa metropolitana galega, facilitando tamén a entrada do [[Compañía de Xesús|xesuitismo]] no país. Este tribunal, independente do de Valladolid, exerceu a súa xurisdición sobre o territorio do extinguido [[Reino de Galicia|Reino de Galiza]] e para facilitar o seu funcionamento en todo o territorio galego, concedéuselle a renda dun [[cóengo]] a cada unhas das cinco catedrais galegas, ademais doutros insumos abundantes.
 
Cómpre indicar que o Tribunal non foi estabelecido na Coruña, onde tiña a súa sede a [[Real Audiencia de Galicia]], por mor da resistencia que a burguesía mercantil dos portos galegos mostrou ante calquera tipo de perturbación no tráfico e nas comunicacións marítimas que prexudicase os seus intereses comerciais. Pois, por unha banda, as actividades inquisitoriais, querendo impedir a entrada e propagación da reforma protestante polos portos do país, incluían a inspección das tripulacións e da carga dos barcos con procedencia en países protestantes ou católicos con portos protestantes, como era o caso da [[La Rochelle|Rochelle]] en Francia; e por outra, segundo parece, ían cobrando por “dereitos de visita" e forzando comerciantes a venderen o seu xénero a prezos escandalosamente reducidos, interferindo negativamente no comercio da cidade. Mesmo, levados polo seu fanatismo e desprezo polas actividades comerciais, os inquisidores chegaron a propor ao rei fechar os portos galegos ao comercio cos países do norte da Europa como o mellor xeito de evitar a propagación da reforma de [[Martiño Lutero]]. Por todo iso, tanto o Capitán Xeralxeneral como a Real Audiencia de Galicia impediron no posíbel o seu estabelecemento na Coruña chegando, en 1589, o Concello da cidade herculina a protestar contra os inquisidores que visitaban a cidade co propósito de investigar varias naves estranxeiras.
Segundo [[Emilio González López]]<ref>González López (1970), pp. 29-35</ref>, a falta dun ambiente propicio para o seu funcionamento e o escaso celo inquisitorial nas estruturas eclesiásticas e civís revélase no feito que despois do seu definitivo estabelecemento e total autonomía respecto ao Tribunal de Valladolid, aínda non comezou a súa actividade represiva até 1575, ano no que se celebraron dous [[Auto de fe|autos da fe]] en Santiago. Tal como relata [[Vicente Risco]]<ref>Risco (1952), p. 148</ref>, nestes autos foron torturadas e executadas publicamente un total de 23 persoas, entre as que contaban varios mariñeiros franceses luteranos e tres mulleres galegas acusadas de prácticas que os inquisidores identificaban e caracterizaban como [[Bruxaría|bruxería]].