Ulrica Leonor de Suecia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Upsala»
Jglamela (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
'''Ulrica Leonor de Suecia''' (en sueco: ''Ulrika Eleonora''), nada en [[Estocolmo]] o [[23 de febreiro]] de [[1688]] e finada na mesma cidade o [[24 de novembro]] de [[1741]], foi a raíña de [[Suecia]] dende o [[30 de novembro]] de [[1718]] ao [[29 de febreiro]] de [[1720]], e dende ese momento ata a súa morte, raíña consorte. Era tamén duquesa de Bremen e princesa de Verden (1718-1719) aínda que estes territorios estaban ocupados polos daneses dende 1712. Foi a filla máis nova do rei sueco [[Carlos XI de Suecia|Carlos XI]] e de [[Ulrica Leonor de Dinamarca]]. Contraeu matrimonio co príncipe [[Frederico I de Suecia|Frederico de Hesse-Kassel]] o 24 de marzo de 1715, mais non tivo fillos.<ref name="Ulrika">Holst, Walfrid. ''Ulrika Eleonora d. y. Karl XII's syster'' Wahlström & Widstrand, Stockholm 1956</ref>
 
Por mor da morte do seu irmán [[Carlos XII de Suecia|Carlos XII]] o 30 de novembro de 1718, producíronse unha serie de discusións sobre a sucesión, as cales se resolveron no seu favor despois de que ela aceptase abolir a [[Absolutismo|monarquía absoluta]]. O seu goberno foi débil, dependente da [[aristocracia]] e sobre todo do seu marido, circunstancia que a levou a depor a coroa tras pouco máis dun ano de reinado.
 
== Traxectoria ==