Asemblea Xeral de Maryland: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Reemplazos con Replacer: «elexidos»
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «martin»
Liña 16:
 
== Procedemento lexislativo ==
[[Ficheiro:State of the State Address Maryland.jpg|miniatura|A Asemblea Xeral nunha sesión conxunta na Cámara de Delegados patapara escoitar un discurso do gobernador [[Martin O'Malley]] ([[2013]]).]]
Un lexislador, sexa senador ou representante, pode iniciar o proceso mediante a elaboración dunha proposta. Antes de rexistrala na cámara á cal pertenza, debe redactala coa axuda do Departamento de Servizos Lexislativos da Asemblea Xeral para garantir que conta cos requisitos técnicos precisos. É entón caso se fai a primeira lectura na cámara: a iniciativa é presentada e derivada a un comité parlamentario segundo a súa temática. Nesa fase, o comité valora e debate a proposta, de non ser rexeitada, o proceso lexislativo prosegue e chega ao pleno da cámara. Alí é de novo lida, a segunda lectura, e debátense as emendas, antes de votala. No caso de ser aprobada, envíase á cámara, onde o proxecto seguirá o mesmo procedemento, podendo ser modificada. En tal caso, unha vez rematada o proceso na segunda cámara, volverá a ser votada na cámara orixinal. Se a cámara orixinal rexeita as mudanzas, constitúese un comité conxunto con membros das dúas cámaras para intentar chegar a un acordo. O texto pactado debe ser votado afirmativamente por ambas cámaras para ser definitivamente aprobado.<ref>{{Cita web|título=Maryland General Assembly - Legislative Process|url=https://msa.maryland.gov/msa/mdmanual/07leg/html/proc.html|páxina-web=msa.maryland.gov|data-acceso=2022-08-29}}</ref> A Asemblea Xeral pode revogar o veto do gobernador a unha lei co voto de tres quintas partes de ambas as dúas cámaras.