Axuda:Rexistro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Undid edits by 111.119.187.7 (talk) to last version by BanjoBot 2.0
Remove content consent riber del temove
Etiquetas: Revertida edición desde un dispositivo móbil Edición feita a través do sitio móbil
Liña 10:
Ademais, e grazas ao [[m:Help:Unified login|rexistro unificado de contas]], é posible ter acceso a todos os proxectos da [[Fundación Wikimedia]] baixo o mesmo nome de usuario e contrasinal. Isto permite posuír unha conta global e navegar a través de diferentes wikis sen a necesidade de acceder ao sistema en cada un deles, aforrando tempo que podes empregar en facer edicións.
 
Unlocked magic
== Por que crear unha conta? ==
Non é necesaria a creación dunha conta para ler ou editar os wikis de [[MediaWiki]]; ''calquera'' pode facelo. No entanto, é unha boa práctica facelo, por estes motivos:
 
* Unha conta de usuario dáche unha identidade, coa que os demais usuarios te recoñecerán. Se non te rexistras, as túas contribucións quedarán identificadas mediante o teu [[enderezo IP]], e os enderezos IP non permiten unha identificación correcta. Se adoitas conectarte dende ordenadores en diferentes localizacións, terás diferentes enderezos IP en cada caso; mesmo desde un mesmo lugar poderías ter diferentes IP dependendo da conexión á internet. Tamén pode ser que o teu provedor de internet cambie o teu enderezo IP ao cabo dun tempo. Debido a isto, un nome de usuario é moito mellor para manter unha identidade na Wikipedia.
* Dado que un mesmo enderezo IP pode ser usado por varios computadores, pode confundirse o teu enderezo IP co dun [[Wikipedia:Vandalismo|vándalo]], de xeito que poderían reverterse as túas edicións lexítimas. No peor dos casos, poderías compartir o enderezo IP co dun [[Wikipedia:Política de bloqueo|usuario bloqueado]], o que faría que non puideses editar na Wikipedia durante un tempo.
* Os enderezos IP non teñen por que ser estáticos, e podería ser que ao cabo dun tempo o teu enderezo IP cambie.
* Poderás vixiar páxinas e facer un seguimento delas grazas á ''lista de vixilancia''.
* Se escolles dar un enderezo de correo electrónico, os outros usuarios poderán pórse en contacto contigo por esta vía. Esta funcionalidade é anónima (os usuarios que che envíen correos non saberán o teu enderezo) e opcional.
* Poderás [[Axuda:Como trocar o nome dunha páxina|mover páxinas]].
* Poderás participar nas [[Wikipedia:Votacións|votacións]] en canto acades os requirimentos mínimos.
* Marcar unha edición como pequena.
* Poderás establecer as túas [[Especial:Preferencias|preferencias]] e facer cousas como:
** Usar os [[Wikipedia:Trebellos|trebellos]] dispoñibles. Por exemplo, o [[Wikipedia:Revisor ortográfico|revisor ortográfico]] e [[Wikipedia:Detector de homónimos|detector de homónimos]].
** Cambiar o número de páxinas mostradas nos [[Axuda:Cambios recentes|cambios recentes]].
** Cambiar as fontes, as cores e o deseño do sitio usando diferentes aparencias.
** Establecer o teu sexo (home ou muller) para que as mensaxes da interface da Wikipedia se amosen de acordo co teu sexo.
* Tamén terás a túa [[Wikipedia:Páxina de usuario|páxina de usuario]] e a túa [[Wikipedia:Páxina de conversa|conversa de usuario]].
 
=== Páxinas de usuario e de conversa ===
Unha vez que esteas rexistrado poderás crear as túas propias páxinas ''[[Especial:A miña páxina de usuario|de usuario]]'' e ''[[Especial:A miña conversa|de conversa]]''. Cando estás dentro do sistema, verás o teu nome de usuario na franxa superior das páxinas, con diversas ligazóns útiles. Preme sobre el para ir á túa páxina, que se pode [[Wikipedia:Como editar unha páxina|editar]] da mesma forma que o resto das páxinas do wiki. A meirande parte dos usuarios emprégana para darse a coñecer, escribindo sobre eles e mais os seus intereses, por exemplo.
 
Da mesma forma tamén podes ter unha páxina de conversa propia. Podes chegar a ela premendo na ligazón "'''Conversa'''" ao carón do teu nome de usuario. Nesta páxina é onde os demais usuarios che deixarán mensaxes cando queiran pórse en contacto contigo, e así poidas responder ti na súa conversa. Cada vez que alguén che escriba un comentario nela, o sistema avisarate automaticamente mediante un cartel laranxa dicíndoche que tes mensaxes novas.
 
=== Preferencias de usuario ===
As [[Wikipedia:Preferencias de usuario|preferencias de usuario]] son opcións que dan a posibilidade de cambiar ou engadir cousas en diferentes aspectos da edición e navegación a través do wiki. Podes definir a lingua da interface, modificar a túa sinatura, fixar unha aparencia, o número de páxinas mostradas nos rexistros... e unha manchea doutras opcións.
 
== Como crear unha conta ==