Consalvo Sanesi: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.2
Etiqueta: Revertida
m Desfixéronse as edicións de InternetArchiveBot (conversa); cambiado á última versión feita por Corribot
Etiquetas: Reversión Revertida
Liña 25:
Foi piloto de probas de [[Alfa Romeo F1]] despois da [[Segunda Guerra Mundial]], e competiu en carreiras cos coches [[Alfa Romeo#Motorsport|Alfa Romeo]] Tipo 158/159 no período anterior a creación do Campionato Mundial de [[Fórmula Un]].<ref>{{Cita libro|last=Small|first=Steve|title=The Guinness Complete Grand Prix Who's Who|publisher=Guinness|date=1994|page=332|ISBN=0851127029}}</ref> Competiu en cinco Grandes Premios do Campionato do Mundo de Fórmula Un, debutando o 3 de setembro de 1950. Aínda que, na súa época, a súa experiencia cos autos significaba que era a miúdo un dos homes máis rápidos na pista de carreiras, de algunha maneira isto raramente se traduciu en bos resultados. Logrou só 3 puntos de campionato. Atopou o éxito nas carreiras de automóbiles deportivos, continuando ata mediados da década de 1960.
 
En 1953, logrou a velocidade media máis rápida da etapa da [[Mille Miglia]], 181´5&nbsp;km/h, superando a grandes pilotos como [[Nino Farina]] e [[Juan Manuel Fangio]], pero nesta ocasión o seu automóbil rompeu e non conseguiu rematar.<ref>{{Cita novas |title= Public Proving Ground |url= http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,818396,00.html?iid=chix-sphere |work= TIME |accessdate= 2007-04-05 | date= 4 de maio de 1953 |data-arquivo= 14 de outubro de 2012 |url-arquivo= https://web.archive.org/web/20121014090843/http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,818396,00.html?iid=chix-sphere |url-morta= yes |título= Copia arquivada |data-acceso= 10 de marzo de 2018 |dataarquivo= 14 de outubro de 2012 |urlarquivo= https://web.archive.org/web/20121014090843/http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,818396,00.html?iid=chix-sphere }}</ref> Un ano máis tarde gañou na súa clase a [[Carreira Panamericana]].
 
Sanesi participou cun [[Alfa Romeo]] na carreira Panamericana de novembro de 1954 en México. Na clase europea de turismo da carreira liderou cun tempo total de 8 horas, 29 minutos e 24 segundos. Foi superado polos seus compatriotas italianos de Alfa Romeo, Sergio Mantovani e Mario Della Favera.<ref>''Hill Pacing Mexican Auto Race By 39 Seconds After 657 Miles'', [[New York Times]], 21 de novembro de 1954, Page S1.</ref> Un par de días despois Sanesi logrou unha vantaxe de 17 minutos no seu coche, co Alfa Romeo acadando as primeiras cinco posicións da división de coches de turismo europeos.<ref>''Co-Pilot Is Killed In Mexican Event'', New York Times, 23 de novembro de 1954, Page 31.</ref>