Cerámica castrexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Creación
 
poñemos en singular "castro" como acepción -e melloro a lingua-
Liña 1:
A '''cerámica castrexa''' facíase á man ou a [[torno]] ou roda, ainda que predomina a feita á man. Nótanse en moitos casos os sinais de alisado e de espatulado; noutros as paredes exteriores das vasillas aparecen moito máis pulidaspuidas, dando ás veces a sensación de levaren un lixeiro [[engobe]] de cor cinza ou case negro.
 
Os perfís predominantes nas vasillas son os globulares ou esferoides. O máis habitual é que conten con unha ou máis asas, e que teñan os bordos exvasados e planos e os pés ou fondo sen realzar, ainda que deste último tipo exista algunha exceiciónexcepción singular.
 
Os temas decorativos son comúns na plástica castrexa: incisións en forma de liñas oblicuas, horizontais ou verticais paralelas, ou ben compoñendo triángulos, así como estampacións en forma de espiña de peixe, estrixilos, eses (SSSS) ou figuracións entrelazadas, e tamén aplicacións en forma de mamelóns ou de cordóns, así como outros motivos ornamentais variados. A maior parte, porén, é lisa e non leva decoración.
Liña 12:
[[Cultura Castrexa]]
 
[[Castro|Castros]]