Xeografía de Vigo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Gardo, pero sigo
Liña 5:
 
A cidade presenta unha topografía variada na que se suceden áreas deprimidas e sectores elevados, zonas case chás e outras en pendente, estando o seu centro nun monte, o [[Castro (Vigo)|Castro]]. Isto fai que moitas das rúas dos barrios centrais sexan pendentes moi pronunciadas. Todo este conxunto de situacións son froito da acción de procesos tectónicos e [[erosión|axentes erosivos]] que incidiron sobre determinado tipo de materiais rochosos presentes na vertente da [[ría]] en que a cidade se atopa. Todo isto marca unhas diferencias que determinan a división do territorio en tres sectores: a [[costa]], o [[Val do Fragoso]] e as zonas altas do interior.
 
==Zonas==
 
===Costa===
 
Un primeiro sector confórmano a costa, dividida nunha área litoral en contacto co mar e unha franxa de territorio, máis ou menos ampla, que penetra levemente cara o interior. O litoral viuse afectado pola erosión mariña surxindo como consecuencia diso zonas de [[areal]] e zonas rochosas. Ademáis, a acción mariña provoca os entrantes e saíntes da costa. Todo isto provoca que entre [[Saiáns]] e [[Teis]] existan vinte areais, dous tramos de costa sedimentaria, [[Vao]]-[[Samil]] e [[Monduiña]]-[[Canido]], e tres tramos de costa de erosión en [[A Guía]], [[Alcabre]] e [[Oia]]-[[Saiáns]]. As marismas, formadas pola desembocadura do [[Río Lagares|Lagares]], son froito da sedimentación efectuada tanto polo mar coma polo río.
 
===Dorsal entre a costa e o Val do Fragoso===
 
Entre o litoral e o Val do Fragoso aparece un relevo secundario de grande importancia ao ser onde se emprazou a cidade consolidada. Trátase dunha pequena dorsal de dirección latitudinal que separa o Val do Fragoso desta marxe da ría.
 
===Val do Fragoso===
 
O Val do Fragoso, polo que pasan o [[río Lagares]] e afluíntes, posúe relevos suaves e incluso algunhas zonas chás. Este val presenta unha clara disimetría. A vertente sur presenta unha [[topografía]] moito máis irregular e é onde se atopan os afluíntes de maior importancia do Lagares, coma os ríos [[Río Eifonso|Eifonso]] ou [[Río Barxa|Barxa]]. A vertente norte acada nalgunhas zonas fortes pendentes ao chocaren coas ladeiras meridionais da aliñación [[Castro (Vigo)|Castro]]-[[Candeán]].
 
===Val do Miñor===
 
O [[Val do Miñor]] está separado do Val do Fragoso polas estribacións da [[Serra do Galiñeiro]] cara o norde e o norleste. O interfluvio que separa ambos os dous vals conta cunha elevada altitude relativa, dando lugar a fortes pendentes na súa vertente septentrional, mentres que na súa vertente meridional, a elevada altitude das terras do redor fai do val unha zona moi abrigada onde se dan características climáticas propias.
 
===Zona montañosa===
A zona montañosa ten un relevo accidentado, pois aparecen en ocasións fortes pendentes e contrastes topográficos.
 
A zona montañosa ten un relevo accidentado, pois aparecen en ocasións fortes pendentes, sobre todo no sector surleste, que son zonas de fortes pendentes e contrastes topográficos.
 
As alturas máis salientables do concello son o [[Monte Galiñeiro]], localizado no sector septentrional da [[Serra do Galiñeiro]] e é a localización máis ao sur do termo municipal, e que é un monte de silueta inconfundible que se identifica desde moitos puntos da [[wikt:mancomunidade|mancomunidade]].
 
O [[Monte Alba]], de 524 m de altitude, e o [[Monte O Cepudo]], de 526, son dúas elevacións xemelgas. Ao norde elévase un pequeno monte de 386 m e ao oeste e noroeste están os montes de [[Coruxo]] ([[Monte Avilleira|Avilleira]], [[Monte Chan da Lagoa|Chan da Lagoa]] e outros), de menor altura e fortes pendentes.
 
Outras alturas a destacar que crean fortes pendentes no nordeste son [[A Madroa]] e o [[Monte Vixiador]], que ten a súa altura máxima no [[Redondela|concello de Redondela]].
 
==Ría de Vigo==
 
Na [[Ría de Vigo]] hai que salientar as [[Illas Cíes]] á entrada e ao fondo as [[batea]]s [[mexillón|mexilloeiras]] e a [[Ponte de Rande]]. Na marxe dereita da ría aséntase a Cidade Olívica e na marxe esquerda a [[Península do Morrazo]].
 
==Véxase tamén==
 
===Bibliografía===
 
* "Guía cidadá de Vigo y su área metropolitana", ''[[Faro de Vigo]]'' ([[2002]]). Depósito legal: V-5016-2002.
 
[[Categoría:Vigo]]