Nós Diario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
mSen resumo de edición
Liña 46:
| facebook = NosDiarioGZ
}}
'''''Nós Diario''''' é un [[Periódico|xornal]] [[Galicia|galego]], publicado en [[Santiago de Compostela]]. O seu primeiro número impreso saíu á rúa o [[2 de xaneiro]] de [[2020]].<ref>{{Cita novas|título=Nós Diario: o soño que virou nunha realidade|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/nos-diario-xa-realidade/20200101172419089045.html|xornal=Sermos Galiza|dataacceso=2 de xaneiro de 2020|data=1 de xaneiro de 2020}}</ref>
 
== Historia ==
En novembro de 2017 o consello de administración da empresa Sermos Galiza S.A. emitiu un comunicado no que anunciaba a súa intención de comezar a editar un diario en papel.<ref>{{Cita web|título=Sermos Galiza prepara a saída dun xornal diario en papel para 2019|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/sermos-galiza-prepara-sa/20171124125557063634.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2022-02-28|lingua=gl|nome=|apelidos=}}</ref> Para facelo realidade artellouse un grupo promotor de 175 persoas e colectivos sociais,<ref>{{Cita web|título='O diario galego', a cabeceira que nace do impulso social|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/diario-galego-cabeceira-nace-do-impulso-social/20180117205715065155.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2022-03-08|lingua=gl|nome=|apelidos=}}</ref> que presentou o proxecto en xaneiro de 2018.<ref>{{Cita web|título=Duascentas persoas arroupan a presentación de ‘O diario galego’|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/duascentas-persoas-arroupan-presentacion-publico-diario-galego/20180127170659065466.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2022-02-28|lingua=gl|nome=|apelidos=}}</ref> Conseguida a participación de máis de 3000 subscritores anunciou a súa saída para 2019,<ref>{{Cita web|título=Lográmolo: en 2019 haberá un diario en galego|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/logramolo-2019-habera-diario-galego/20190119145710075344.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2022-03-11|lingua=gl|nome=|apelidos=}}</ref> aparecendo nos quioscos en xaneiro do 2020 con exemplares cinco días por semana (de terza feira a sábado).
 
O xornal foi excluído polo goberno galego do repartimento de axudas aos medios do ano 2021, co argumento de non ser un diario, malia que a [[Oficina de Xustificación da Difusión|OXD]] define "diario" como "calquera publicación que se edita catro ou máis días por semana".<ref>{{Cita web|título=A Xunta veta 'Nós Diario' nas axudas á prensa|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xunta-veta-nos-diario-nas-axudas-prensa/20211202151408133390.html|páxina-web=Nós Diario|data-acceso=2022-03-16|lingua=gl|nome=|apelidos=}}</ref> A Xunta volveu excluír o xornal da liña de axudas no 2022, malia figurar entre os seus obxectivos a [[Normalización lingüística|normalización da lingua]] e a defensa da cultura galega.<ref>{{Cita web|título=A Xunta da Galiza exclúe outro ano máis 'Nós Diario' das axudas á prensa escrita|url=https://www.nosdiario.gal/articulo/social/xunta-galiza-exclue-ano-mais-nos-diario-das-axudas-prensa-escrita/20220504215733142573.html|páxina-web=Nós Diario|data=2022-05-05|data-acceso=2022-05-05|lingua=gl}}</ref>
 
== Consello de administración ==