Filatelia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.2
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «Fechas»
 
Liña 5:
No I Congreso Internacional de Filatelia ([[Barcelona]], [[1960]]) definiuse á filatelia como ciencia auxiliar da [[historia]]. Aínda que é xeral darlle o nome de filatelia ó coleccionismo de selos esa é unha actividade diferente, aínda que relacionada, coñecida como [[coleccionismo de selos]].
 
A palabra filatelia, na súa forma francesa, atribúeselle a Georges Herpin na revista ''Le Collectioneur de timbres-postes'', Vol. 1, 15 de novembro, de 1864. Está formada polas palabras gregas ''philos'' (amigo) e ''ateleia'' (franqueado). Existiron formas alternativas como timbroloxía, timbrofilia, timbromanía, amebotelia ou erinofilia que non chegaron a facerse populares.
A orixe da filatelia está na observación de que nun monllo de selos, todos do mesmo tipo, existen diversas clases de filigranas de papel, diversas marcas de auga no papel, variacións de da cor, diversas perforacións, e outras clases de diferenzas. A comparación cos expedientes de autoridades postais pode ou non demostrar que as variacións eran intencionadas, o que conduce á investigación adicional en canto a como os cambios poderían suceder, e o porqué.