América Central: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8
m Reemplazos con Replacer: «xeneral»
Liña 4:
América Central forma parte do punto quente de biodiversidade de [[Mesoamérica]], que se estende dende o norte de Guatemala até o centro de Panamá. Por mor da presenza de diversas [[Falla|fallas xeolóxicas activas]] e do [[arco volcánico centroamericano]], existe unha grande actividade sísmica na rexión, como [[Volcán|erupcións volcánicas]] e terremotos, que resultaron en mortes, feridos e danos á propiedade.
 
Na [[América precolombiana|era precolombiana]], América Central estaba habitada por [[Pobos indíxenas de América|pobos indíxenas]] de Mesoamérica no norte e no oeste e por pobos do istmo colombiano no sur e no leste. Despois das viaxes da expedición de [[Cristovo Colón]] a [[América]], España comezou a [[Colonización española de América|colonizar América]]. Dende 1609 até 1821, a maioría dos territorios de América Central (agás os dos futuros Belize e Panamá, e incluíndo o moderno estado mexicano de [[Estado de Chiapas|Chiapas]]) estaban gobernados polo vicerreinado de [[Vicerreinado de Nova España|Nova España]] dende [[Cidade de México]] como [[Capitanía Xeneral ofde Guatemala]]. O 24 de agosto de 1821, o vicerrei español [[Juan O'Donojú]] asinou os [[Tratados de Córdoba]], que estabeleceron a independencia de Nova España respecto de España.<ref>{{Cita web|url=https://www.history.com/this-day-in-history/spain-accepts-mexican-independence|título=Spain accepts Mexican independence|apelido=Editors|nome=History com|páxina-web=HISTORY|lingua=inglés|dataacceso=3 de xuño de 2019}}</ref> O 15 de setembro de 1821, promulgouse a [[Acta de Independencia de América Central]] para anunciar a separación de América Central do [[Imperio Español]] e prever o estabelecemento dun novo [[República Federal de América Central|estado de América Central]]. Algunhas das provincias de Nova España na rexión de América Central (como as que se converterían en [[Guatemala]], [[Honduras]], [[O Salvador]], [[Nicaragua]] e [[Costa Rica]]) foron anexionadas ó [[Primeiro Imperio Mexicano]]; porén, en 1823 separáronse de México para formar a [[República Federal de América Central]], que durou até o ano 1838.
 
En 1838, [[Nicaragua]], [[Honduras]], [[Costa Rica]] e [[Guatemala]] convertéronse nos primeiros estados de América Central en ser independentes, seguidos por [[O Salvador]] en 1841, [[Panamá]] en 1903 e [[Belize]] en 1981.