}}|bandeirapaís=|país=[[Suíza]]|división 1=[[Cantóns de Suíza|Cantón]]|nome división 1=[[Cantón de Schaffhausen|Schaffhausen]]|imaxe=Fronwagplatz Schaffhausen. Img 1.jpg|pé=A praza Fronwag, no centro da cidade.|nome_local2=Schafuuse - Schaffhouse|nome_local3=Sciaffusa - Schaffusa|superficie=41,78|densidade=865 hab./km²|altitude=403|poboación=36.587 hab. ''(2019)''|cor_fondo=#000000|código postal=8200, 8203, 8207, 8208, 8231 Hemmental|xentilicio=escafusano, escafusana|escudo=Wappen_Schaffhausen.png|división 2=Distrito|nome división 2=''(Ningún no cantón de Schaffhausen)''|sitio web=www.stadt-schaffhausen.ch}}
'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>alemán]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánicoalemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francésfrancés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italianoitaliano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romancheromanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2019, posúe unha poboación estimada de 36.500 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da [[Renacemento|época renacentista]] decorados con [[Fresco|frescos]] exteriores e [[Escultura|esculturas]], así coma na antiga fortaleza do cantón, ''Munot''. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das liñas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de [[Europa central]].
* Unha delas refírese á mención dun «vado» a través do Rin que aparece por primeira vez en 1050. En realidade, este «vado» pode referirse a unha ''scapha'' ou esquife, que se empregaba para desembarcar as mercadorías procedentes de [[Constanza]] para trasladalas polas fervenzas do Rin. O nome ''Scafhusun'' xurdiría entón da ''scapha'' empregada nese punto.<ref>{{Cita web|url=https://en.wikisource.org/wiki/1911_Encyclop%C3%A6dia_Britannica/Schaffhausen_(town)|título=Encyclopædia Britannica|páxina-web=|lingua=Inglés}}</ref>
* Outra teoría é que ''Scafhusun'' provén de Schaf (<small>ovella</small>), xa que a cidade tiña como escudo de armas un carneiro, derivado do dos seus fundadores, os condes de Nellenburg.
=== Brasón ===
== Historia==
Schaffhausen foi unha [[cidade-estado]] na [[Idade Media]] e, documentase, que acuñou as súas propias moedas a partir de 1045.<ref>{{Cita web|url=https://en.wikisource.org/wiki/1911_Encyclop%C3%A6dia_Britannica/Schaffhausen_(town)|título=Encyclopædia Britannica.}}</ref> En 1050, os condes de Nellenburg fundaron o [[mosteiro]] bieito de ''Todos os Santos'' (<small>Kloster Allerheiligen</small>), que se converteu no centro da cidade. Pode que xa en 1190, mais certamente en 1208, era unha cidade libre imperial, mentres que o primeiro selo data do 1253. Os poderes do abade fóronse limitando paulatinamente e en 1277 o emperador [[Rodolfo I de Habsburgo|Rodolfo I]] concedeulle á cidade unha carta de liberdades. En 1330, o emperador Luis IV comprometeuna cos [[Habsburgo]]. A principios do século XV, o poder dos Habsburgo sobre a cidade diminuíu. En 1411, os gremios gobernaban a cidade. Logo, en 1415, o duque dos Habsburgo Federico IV de Austria situouse ó lado do [[Xoán XXIII, antipapa|antipapa Xoán XXIII]] no concilio de Constanza, e foi expulsado polo emperador [[Sexismundo, Sacro Emperador Romano-Xermánico|Sexismundo]]. Como consecuencia diso e da necesidade de diñeiro de Federico, Schaffhausen puido comprar a súa independencia dos Habsburgo en 1418. A cidade aliouse con seis dos Confederados Suízos en 1454 e con outros dous (<small>[[Cantón de Uri|Uri]] e Unterwalden</small>) en 1479. Schaffhausen converteuse nun membro de pleno dereito da [[Antiga Confederación Suíza]] en 1501.
A [[reforma protestante]] adoptouse, inicialmente, en 1524 e completamente en 1529. A cidade sufriu graves danos durante a [[Guerra dos Trinta Anos]] polo paso das tropas suecas (<small>protestantes</small>) e bávaras (<small>católicas</small>) e a importantísima ponte foi queimada. Non foi ata principios do século XIX cando se retomou o detido crecemento industrial da cidade.<ref>{{Cita web|url=https://en.wikisource.org/wiki/1911_Encyclop%C3%A6dia_Britannica/Schaffhausen_(town)|título="Schaffhausen (town)"}}</ref> En 1857, a primeira ferrovía, o ''Rheinfallbahn'', que partía de [[Winterthur]], chegou a Schaffhausen.<ref>{{Cita web|url=https://sh.ch/CMS/Webseite/Kanton-Schaffhausen-1756-DE.html|título=Canton Schaffhausen website-Numbers and facts}}</ref>
[[Ficheiro:ETH-BIB-Schaffhausen-Inlandflüge-LBS MH01-000921.tif|miniatura|Fotografía aérea tomada por Walter Mittelholzer en 1919.]]
Schaffhausen atópase nun «dedo» de territorio suízo arrodeado por tres lados por [[Alemaña]]. O 1 de abril de 1944, a cidade sufriu un bombardeo aéreo por parte das [[Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos]], que se desviaran do espazo aéreo alemán ata a Suíza neutral debido a erros de navegación. Como as sirenas de alarma xa sonaransoaran en Schaffhausen con anterioridade, sen que houbese un ataque real, moitos residente ignoráronas aquel día. Un total de 40 civís faleceron no ataque. O presidente [[Franklin D. Roosevelt|Franklin Delano Roosevelt]] enviou unha carta persoal de desculpa ó alcalde de Schaffhausen e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] apresurouse a ofrecer catro millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]] en reparacións.<ref>{{Cita web|url=https://www.swissinfo.ch/eng/schaffhausen-bombed_70th-anniversary-of-mistaken-us-attack/38278804|título=70th anniversary of mistaken US attack}}</ref>
== Xeografía ==
Schaffhausen é a cidade máis setentrional de [[Suíza]] e, xunto a [[Basilea]], a pequena vila de Stein am Rhein, Neunkirch e Eglisau <small>([[Cantón de Zürich|Cantón de Zúric]])</small> é unha das poucas cidades suízas situadas ó norte do Alto [[Río Rin|Rin]], río que serve, na súa gran maioría, como fronteira entre Suíza e [[Alemaña]]. Schaffhausen atópase ó sueste da cordilleira de Randen, na desembocadura do río Durach, que chega dende o norte.
O casco antigo conta con numerosos edificios [[Renacemento|renacentistas]]. Schaffhausen recibiu o apodoalcume de ''<nowiki>''Erkerstadt''</nowiki>'' <small>(cidade das xanelas saíntes)</small> polas súas trescentas xanelas desta clase. Fóra das murallas orixinais, mais agora no centro da cidade debido á súa expansión, atópase o ''Munot'', unha fortaleza do [[século XVI]]. Ó suroeste da cidade, ó saír da zona urbana, encóntrase o maior salto de auga da [[Europa central]], as fervenzas do Rin. Dos 41,78 km<sup>2</sup> da superficie comunal, o 19,9% está edificado <small>(edificios, rúas e estradas)</small>, mentres que o 29,1% emprégase con fins agrícolas e o 51% son terreos cubertos por montes.<ref>{{Cita web|url=https://sh.ch/CMS/Webseite/Kanton-Schaffhausen/Beh-rde/Verwaltung/Volkswirtschaftsdepartement/Wirtschaft--Statistik-und-Tourismus-3874-DE.html|título=Sandra Egger}}</ref>
En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.<ref>{{Cita web|url=https://hls-dhs-dss.ch/de/articles/001281/2015-07-31/|título=Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.}}</ref>
Schaffhausen comparte fronteira internacional coa localidade alemá de Büsingen am Hochrhein, un exclaveenclave totalmente arrodeado por Suíza.
=== Localidades veciñas ===
* Hemmental
|}
'''Distritos segundo a Oficina Federal de EstadísticaEstatística Suíza:'''
{| class="wikitable"
!Distrito
!N.º
!Código BFS
!Habitantes a<br />finais de 2015
!Comentos
! rowspan="8" |[[Ficheiro:Karte Quartiere Schaffhausen.png|miniatura|Distritos de Schaffhausen.]]
Schaffhausen situase ó bordo da meseta suíza, nunha zona de [[clima temperado]]. A cidade atópase á sombra da [[Selva Negra]], Randen e Reiat. A Selva Negra, en particular, mantén afastados os ventos chuviosos do oeste.
A temperatura media anual <small>(período 1991 - 2020)</small> é de 9,9 °C, cas temperaturas medias mensuais máis frías en xaneiro con 0,7 °C, e cas máis cálidas en xullo con 19,3 °C. De media, pódense agardar uns 78 días de xeadas e neve. O mes máis chuvioso é xullo, durante o cal, Schaffhausen recibe unha media de 95 mm <small>(3.7 in)</small> de choiva. Ó transcurso deste mes, hai precipitacións durante unha media de 11,3 días. O mes máis seco do ano é febreiro, cunha media de 59 mm <small>(2.3 in)</small> de precipitacións durante 8,4 días.<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20180131201028/http://www.meteoschweiz.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np8110_d.pdf|título="Climate normals Schaffhausen, Reference period 1981−2010"}}</ref>
{{Weather box|location=Schaffhausen <small>''(1991 - 2020)''<small>|source 1=MeteoSchweiz (período 1991–2020)<ref name="MeteoSchweiz"/><ref name=MeteoSwiss>{{cite web
| url = https://www.meteoswiss.admin.ch/product/output/climate-data/climate-diagrams-normal-values-station-processing/SHA/climsheet_SHA_np9120_e.pdf
| title = Climate Normals Schaffhausen (Reference period 1991−2020)
|