Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 32:
Schaffhausen atópase nun «dedo» de territorio suízo arrodeado por tres lados por [[Alemaña]]. O 1 de abril de 1944, a cidade sufriu un bombardeo aéreo por parte das [[Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos]], que se desviaran do espazo aéreo alemán ata a Suíza neutral debido a erros de navegación. Como as sirenas de alarma xa sonaran en Schaffhausen con anterioridade, sen que houbese un ataque real, moitos residente ignoráronas aquel día. Un total de 40 civís faleceron no ataque. O presidente [[Franklin D. Roosevelt|Franklin Delano Roosevelt]] enviou unha carta persoal de desculpa ó alcalde de Schaffhausen e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] apresurouse a ofrecer catro millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]] en reparacións.<ref>{{Cita web|url=https://www.swissinfo.ch/eng/schaffhausen-bombed_70th-anniversary-of-mistaken-us-attack/38278804|título=70th anniversary of mistaken US attack}}</ref>
 
== Xeografía e clima ==
Schaffhausen é a cidade máis setentrional de [[Suíza]] e, xunto a [[Basilea]], a pequena vila de Stein am Rhein, Neunkirch e Eglisau <small>([[Cantón de Zürich|Cantón de Zúric]])</small> é unha das poucas cidades suízas situadas ó norte do Alto [[Río Rin|Rin]], río que serve, na súa gran maioría, como fronteira entre Suíza e [[Alemaña]]. Schaffhausen atópase ó sueste da cordilleira de Randen, na desembocadura do río Durach, que chega dende o norte.
 
O casco antigo conta con numerosos edificios [[Renacemento|renacentistas]]. Schaffhausen recibiu o apodo de ''<nowiki>''Erkerstadt''</nowiki>'' <small>(cidade das xanelas saíntes)</small> polas súas trescentas xanelas desta clase. Fóra das murallas orixinais, mais agora no centro da cidade debido á expansión, atópase o ''Munot'', unha fortaleza do [[século XVI]]. Ó suroeste da cidade, ó saír da zona urbana, encóntrase o maior salto de auga de [[Europa central]], as fervenzas do Rin. Dos 41,78 km<sup>2</sup> da superficie comunal, o 19,9% está edificado, mentres que o 29,1% emprégase con fins agrícolas e o 51% son terreos cubertos por montes.<ref>{{Cita web|url=https://sh.ch/CMS/Webseite/Kanton-Schaffhausen/Beh-rde/Verwaltung/Volkswirtschaftsdepartement/Wirtschaft--Statistik-und-Tourismus-3874-DE.html|título=Sandra Egger}}</ref>
 
=== Barrios ===
 
==== A cidade de Schaffhausen consta dos seguintes barrios: ====
{|
|
* Altstadt/Rheinhalde
* Steig
* Urwerf/Mühlenen
* Breite/Hohlenbaum
* Sommerhalde/-wies
* Hochstrasse/Geissberg
* Mühlental/Birch
|
* Schweizersbild/Mutzentäli
* Emmersberg/Gruben
* Buchthalen/Im Freien
* Niklausen/Ebnat
* Herblingen/Gennersbrunn
* Hemmental
|}
 
=== Topografía ===