Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 29:
 
A [[reforma protestante]] adoptouse, inicialmente, en 1524 e completamente en 1529. A cidade sufriu graves danos durante a [[Guerra dos Trinta Anos]] polo paso das tropas suecas (<small>protestantes</small>) e bávaras (<small>católicas</small>) e a importantísima ponte foi queimada. Non foi ata principios do século XIX cando se retomou o detido crecemento industrial da cidade.<ref>{{Cita web|url=https://en.wikisource.org/wiki/1911_Encyclop%C3%A6dia_Britannica/Schaffhausen_(town)|título="Schaffhausen (town)"}}</ref> En 1857, a primeira ferrovía, o ''Rheinfallbahn'', que partía de [[Winterthur]], chegou a Schaffhausen.<ref>{{Cita web|url=https://sh.ch/CMS/Webseite/Kanton-Schaffhausen-1756-DE.html|título=Canton Schaffhausen website-Numbers and facts}}</ref>
[[Ficheiro:ETH-BIB-Schaffhausen-Inlandflüge-LBS MH01-000921.tif|miniatura|Fotografía aérea tomada por Walter Mittelholzer en 1919.]]
 
Schaffhausen atópase nun «dedo» de territorio suízo arrodeado por tres lados por [[Alemaña]]. O 1 de abril de 1944, a cidade sufriu un bombardeo aéreo por parte das [[Forzas Aéreas do Exército dos Estados Unidos]], que se desviaran do espazo aéreo alemán ata a Suíza neutral debido a erros de navegación. Como as sirenas de alarma xa sonaran en Schaffhausen con anterioridade, sen que houbese un ataque real, moitos residente ignoráronas aquel día. Un total de 40 civís faleceron no ataque. O presidente [[Franklin D. Roosevelt|Franklin Delano Roosevelt]] enviou unha carta persoal de desculpa ó alcalde de Schaffhausen e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] apresurouse a ofrecer catro millóns de [[Dólar estadounidense|dólares]] en reparacións.<ref>{{Cita web|url=https://www.swissinfo.ch/eng/schaffhausen-bombed_70th-anniversary-of-mistaken-us-attack/38278804|título=70th anniversary of mistaken US attack}}</ref>