Schaffhausen: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiGali (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 12:
'''Schaffhausen''' ([[Lingua alemá|<small>Alemán</small>]]: ''Schaffhausen''; <small>[[Alemánico]]</small>: ''Schafuuse''; <small>[[Lingua francesa|Francés]]</small>: ''Schaffhouse''; <small>[[Lingua italiana|Italiano]]</small>: ''Sciaffusa''; <small>[[Lingua romanche|Romanche]]</small>: ''Schaffusa'') é unha cidade e comuna do norte de [[Suíza]] e capital do [[Cantón de Schaffhausen|cantón homónimo]]. Segundo datos de 2016, posúe unha poboación estimada de 36.100 habitantes. Está localizada ás beiras do Alto [[Río Rin|Rin]] e, xunto a Neuhausen am Rheinfall, Neunkirch e Stein am Rhein, é unha das catro cidades suízas situadas ó lado norte do río Rin.
 
O casco antigo conta con abondosos e fermosos edificios da [[Renacemento|época renacentista]] decorados con [[Fresco|frescos]] exteriores e [[Escultura|esculturas]], así coma na antiga fortaleza do cantón, Munot. Schaffhausen é tamén un nó ferroviario das redes ferroviarias suíza e alemá. Unha das líneasliñas conecta a cidade coas próximas fervenzas do Rin en Nauhausen am Rheinfall, que se clasifican entre as maiores fervenzas de [[Europa central]].
 
A lingua oficial de Schaffhausen é o alemán, mais a lingua máis popular é a variante local do dialecto alemánico suízo alemán.
Liña 38:
 
=== Topografía ===
A cidade de Schaffhausen atópase ás beiras do [[Río Rin|Rin]], ó lado dereito do río. Ten unha superficie de 41,78 km<sup>2</sup> (<small>16.16 sq mi</small>)<ref>{{Cita web|url=https://www.bfs.admin.ch/bfs/de/home/statistiken/raum-umwelt/bodennutzung-bedeckung/gesamtspektrum-regionalen-stufen/gemeinden.html|título=Arealstatistik Standard - Gemeindedaten nach 4 Hauptbereichen}}</ref>. Desta superficie, aproximadamente o 20% emprégase con fins agrícolas, mentres que o 53,4% está cuberto por montes. Canto ó resto dos terreos, un 24,8% está edificado (<small>edificios, rúas e estradas</small>) e o 1,6% son terras improdutivas. Nas dúas últimas décadas (<small>1979/85 - 2004/09</small>), a cantidade de terreo edificado aumentou en 95 hectáreas e os terreos agrícolas diminuíron en 117 hectáreas.<ref>{{Cita web|url=Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits|título=Swiss Federal Statistical Office - Regional portraits}}</ref>
 
En 1947 fusionouse coa antiga comuna de Buchthalen. A súa área agrandouse de novo en 1964 cando absorbeu Herblingen e por terceira vez en 2009 cando se uniu Hemmental á comuna.<ref>{{Cita web|url=https://hls-dhs-dss.ch/de/articles/001281/2015-07-31/|título=Schaffhausen in German, French and Italian in the online Historical Dictionary of Switzerland.}}</ref>
Liña 45:
 
== Cultura==
[[Ficheiro:Chafhaussen1.jpg|esquerda|miniatura|180px|[[Anverso]] dunha [[Tálero de tiro|moeda conmemorativa do festival de tiro]] celebrado en '''Schaffhausen''' en [[1865]]]]
A cidade vella presenta interesantes edificios [[Renacemento|renacentistas]], decorados con frescos e esculturas exteriores, conservándose tamén a vella fortaleza medieval, o ''Munot'', un torreón circular de magníficas proporcións. O mosteiro de ''Todos os Santos'' foi restaurado e acolle un museo adicadodedicado á historia da vila e da contorna. Entre as súas construcións relixiosas cómpre salientar a igrexa de San Xoán, de estilo [[arquitectura gótica|gótico]].
{{Notaslistaref|02}}
 
== Véxase tamén==
{{Commonscat}}