Contido eliminado Contido engadido
Maria zaos (conversa | contribucións)
Etiqueta: edición de código 2017
Tfeliz (conversa | contribucións)
Liña 47:
 
Ola, TFeliz! Primeiriño de todo agradecerche todo o traballo que estas a facer coas entradas sobre educación. A min personalmente aledoume que alguén se animase a darlle un bo repasiño a esa área. Ademais aledoume ver creada a entrada de [[Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy|Asociación Socio-Educativa Antonio Gandoy,]] xa que eu creara a de Antonio Gandoy cando comecei a editar aquí (graciñas polas melloras, por certo!) Só unha cousiña: o espíritu e as normas da wikipedia esixen un ton enciclopédico que se alonxe da [[Wikipedia:O que a Wikipedia non é|promoción]] e baseado en [[Wikipedia:Fontes fiables|fontes fiables]]. Por esta razón suxeriríache unha redacción algo máis neutra na introdución, en concreto nesta frase "'.''..o compromiso firme coa lingua, a cultura, a contorna e o saber propios dos cativos e cativas como referencias imprescindíbeis para o desenvolvemento da personalidade''" A razón é que inclúe un xuízo de valor sen achegar referencia ningunha. Se é que tes unha fonte fiable( preferiblemente independente á asociación, pero podería figurar así nos estatutos, por exemplo) que afirme exactamente isto mesmo, pois pona como referencia. Se non existisen esas referencias sería recomendable darlle unha voltiña lixeira á frase para que non se inteprete como un texto promocional. Un saúdo e a seguir!- [[Usuario:Maria zaos|Maria zaos]] ([[Conversa usuario:Maria zaos|conversa]]) 11 de agosto de 2022 ás 21:34 (UTC)
 
:Ola María. Esas palabras están tomadas da [http://antoniogandoyeducacion.blogspot.com/p/mision-vision-e-valores.html páxina da asociación]. Vouno reformular. Deizón. [http://gl.wikipedia.org/wiki/Conversa_usuario:Tfeliz Tiberio Feliz <sup>(Déixame unha mensaxe)</sup>] 11 de agosto de 2022 ás 22:27 (UTC)