Viquingo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
[[ImageImaxe:Gokstad-ship-model.jpg|thumb|250 px|Embarcación viquinga]]O termo '''viquingo''' polo común sinala os exploradores, navegantes, comerciantes e guerreiros [[normando]]s (literalmente "homes do Norte"), que orixinarios de [[Escandinavia]], atacarían as costas das [[Illas Británicas]], [[Francia]], a [[Península Ibérica]] e outras partes de Europa, chegando tan lonxe como ata o río [[Volga]], en [[Rusia]], entre o [[século VIII]] e o [[século XI]]. O período da historia europea, datada polo xeral entre [[793]] e [[1066]], é con frecuencia denominada a [[Era dos viquingos]]. O termo é usado, tamén, para designar as poboacións de Escandinavia na Era dos viquingos, e aínda os seus asentamentos noutras partes. Os viquingos controlaban boa parte do comercio co norte de Europa e dominaban as rutas do Báltico e do interior de Rusia ata Bizancio
 
Famosos polas súas habilidades mariñeiras e polos seus barcos oblongos, os viquingos fundaron en tres séculos asentamentos nas costas e ríos no continente europeo e fóra: [[Irlanda]], [[Normandía]], as illas [[Shetland]], as [[Orkney]], e as [[Faroe]], [[Islandia]], [[Groenlandia]], [[Terranova]] e outras ata perto de mil. A súa influencia atinxiu ao Sur ata [[África do Norte]]; e ao Leste ata [[Rusia]] e [[Constantinopla]], onde practicaran a pillaxe, pero onde chegarán tamén como mercadores e [[mercenarios]]. Viquingos sob o mando de [[Leif Ericcson]], herdeiro de [[Erik o Vermello]], foron os primeiros exploradores de [[América do Norte]], con hipotéticas expedicións ata o actual [[Canadá]], no [[século X]]. As viaxes viquingas foran menos frecuentes a partir da introdución do [[Cristianismo]] en Escandinavia nos séculos X e XI. Considerase que a Era dos viquingos acabou na [[Batalla de Stamford Bridge]] en [[1066]].
Liña 26:
 
==Orixes xeográficas e áreas de expansión==
[[ImageImaxe:Ledbergsstenen 20041231.jpg|thumb|250px|[[Pedras de Ledbergs]] en [[Östergötland]], con gravados de guerreiros varegos e naves viquingas]]
O territorio orixinario dos viquingos influenciou fortemente o reparto das súas zonas de expansión. Os viquingos orixinarios da actual [[Suecia]], deseguido coñecidos como [[varegos]], expandiran os seus dominios ao Leste do [[Mar Báltico]]. Vivindo do [[comercio]], da [[piratería]] e da pillaxe, e ofrecendose como [[mercenarios]], percorren a rede fluvial (nomeadamente do río [[Volga]]) do que será máis tarde [[Rusia]] e [[Ucraína]]. Atinxen logo o [[Mar Caspio]], [[Constantinopla]] e aínda [[Bagdad]]. Polo ano 1040, unha expedición varega, dirixida por [[Ingvar]] chega mesmo ata [[Afganistán]]. Convidados a pacificar a zona polas [[tribu (etnoloxía)|tribu]]s [[eslavas]] e [[finesas]], os [[varegos]] ((« ''Varyags'' », en [[Russia|ruso]]), chamados « ''[[Rus' de Kiev|Russ]]'' » (« remeiros ») polos [[eslavos]], chegan aproximadamente a mediados do século IX desde o Báltico, conducidos por [[Rurik]] e os seus compañeiros. Despois de instalarse nos arredores da cidade de [[Novgorod]] (quizais fundada por varegos), unha verdadeira colonización sueca ([[Aldeigjuborg]]) enraiza en torno ao [[Lago Ladoga|lago Ladoga]]. Estes vikingos suecos montan, a partir dun conxunto de fortes e postos de intercambio, o primeiro Estado ruso.