Diferenzas entre revisións de «Al Qaida»

A partir de [[1996]], protexidos polo [[Talibán|réxime talibán]], Osama bin Laden e o seus máis estreitos colaboradores instaláronse en Afganistán, país que se converteu no centro Al-Qaida. Dende alí, bin Laden declarou a [[Xihad|guerra santa]] contra os Estados Unidos o 26 de agosto de 1996.<ref>{{Cita web|título=12/20/00:Fact sheet: Charges against Usama Bin Laden|url=https://1997-2001.state.gov/www/regions/sa/bin_laden_charges.html|páxina-web=1997-2001.state.gov|data-acceso=2022-08-07}}</ref> Outra comunicación importante foi a ''fatwa'' do 23 de febreiro de 1998, titulada "A fronte islámica mundial contra os xudeus e os cruzados", aínda que foi asinada por Bin Laden consideráse que foi autoría [[Ayman al-Zawahiri|Ayman Al-Zawahiri]]. Neste texto, Al-Qaida, anunciaba a ampliación das súas accións a nivel mundial e chamaba a matar a civís e militares dos Estados Unidos e os seus aliados. Deste xeito, segundo informes coetáneos da CIA, a organización Xihad Islámica quedou integrada en Al-Qaida.<ref>{{Cita web|título=[Title Excised]. "Terrorism: Incorporation of Ayman Zawahiri's al-Jihad Organization into Usama Bin Ladin's al-Qa'ida; Recent Activities of Egyptian Associates of al-Qa'ida," Central Intelligence Agency Intelligence Report.|url=https://nsarchive.gwu.edu/document/24217-title-excised-terrorism-incorporation-ayman-zawahiri-s-al-jihad-organization-usama|páxina-web=nsarchive.gwu.edu|data-acceso=2022-08-07}}</ref>
 
Aplicando esas ameazas, Al-Qaida fixo o seu primeiro atentado masivo, as detonacións contra as embaixadas dos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] en [[Nairobi]] e [[Dar es Salaam]] (7 de agosto de [[1998]]) nas que faleceron máis de 220 persoas.<ref>{{Cita web|título=The Trail Of Evidence - Fbi Executive Summary - Hunting for bin Laden|url=http://www.pbs.org/wgbh/pages/frontline/shows/binladen/bombings/summary.html|páxina-web=FRONTLINE|data-acceso=2022-08-07|lingua=en}}</ref> Estes atentados foron un cambio importante no funcionamento de Al-Qaida pois deseñou e executou o ataque por ela mesma.<ref name=":0" /> Segundo algunhas investigacións, a data do atentado foi escollida por bin Laden por ser o inicio da chegada das tropas dedos Estados Unidos a Arabia Saudita durante [[Guerra do Golfo]].<ref>{{Cita libro|título=Inside Al Qaeda|url=http://archive.org/details/insidealqaedaglo00guna|editorial=Columbia University Press|data=2002|ISBN=978-0-231-12692-2|apelidos=Rohan Gunaratna}}</ref>
 
A preocupación dos servizos de intelixencia estadounidenses aumentou logo destes ataques, pero Al-Qaida o 12 de outubro de 2000 perpetrou un atentado suicida no porto de [[Adén]] contra o destrutor ''USS Cole'' que custou a vida de 17 marines.<ref>{{Cita web|título=USS Cole Bombing|url=https://www.fbi.gov/history/famous-cases/uss-cole-bombing|páxina-web=Federal Bureau of Investigation|data-acceso=2022-08-07|lingua=en-us}}</ref><ref name=":3" />
358.682

edicións