Al Qaida: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 7:
Fundouna [[Osama bin Laden]] o 11 de agosto de [[1988]] canda [[Muxahidin|muxahidins]] de diversas nacionalidades que loitaban contra a [[Guerra de Afganistán (1978-1992)|invasión soviética de Afganistán]].<ref name=":0">{{Cita web|título=MMP: Al Qaeda|url=https://cisac.fsi.stanford.edu/mappingmilitants/profiles/al-qaeda|páxina-web=cisac.fsi.stanford.edu|data-acceso=2022-08-07|lingua=en|nome=© Stanford|apelidos=University|apelidos2=Stanford|apelidos3=California 94305}}</ref>
 
Durante a década de 1980, [[Osama bin Laden]], fillo dun rico construtor saudita, trasladouse a Afganistán para combater contra os soviéticos. Alí colaborou co clérigo de orixe palestina [[Abdullah Azzam]] no traslado de islamistas dispostos a incorporarse ao campo de batalla contra os soviéticos. Contra mediados da década, creou un campamento de adestramento militar para combatentes árabes na rexión fronteiriza entre Afganistán e Paquistán. Este campo foi chamado ''al-Qa’ida al-‘Askariyya (''en [[Lingua galega|galego]], ''base militar)''.<ref name=":0" /> Durante estes anos, os servizos secretos de [[Arabia Saudita]] e a [[Central Intelligence Agency|CIA]] dedos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] financiaron as actividades dos grupos muxahidins, aínda que se cre que non de forma importante a bin Laden, pois contaba con recursos de seu grazas a riqueza familiar.<ref name=":1">{{Cita web|título=The Rise of Bin Laden and the Al Qaeda Organization (1988-1992)|url=http://911.gnu-designs.com/Chapter_2.3.html|páxina-web=911.gnu-designs.com|data-acceso=2022-08-07}}</ref>
 
Malia a derrota soviética, Abdullah Azzam e Osama bin Laden, mantiveron o seu grupo, entendendo que debía ser a base (Al-Qaida en [[Lingua árabe|árabe]]) da futura [[xihad]]. Con todo, existían visión diferentes entre os fundadores: se ben bin Laden consideraba que se debían priorizar as accións internacionais, Azzam insistía en continuar en [[Afganistán]] ata o establecemento dun goberno islámico para logo centrarse contra [[Israel]]. Mais, en novembro de 1989, un coche-bomba atribuído a rivais exipcios matou a Abdullah Azzam, consolidando o poder de Osama bin Laden, que xa era ''emir'' ou líder dende a fundación.<ref name=":0" /><ref name=":1" />
 
Para entón asumiran unha ideoloxía islámica radical que busca por medio de tácticas terroristas e militares suplantar os réximes de [[Oriente Medio|Oriente medio]] co obxectivo de xuntar a todos os musulmáns baixo un único goberno rexido estritamente polas leis islámicas ou ''[[Xaria|sharia]]''. Teoloxicamente, identificáronse co salafismo, unha rama moi puritana do [[Islam]], que afirma seguir fielmente a doutrina do profeta [[Mahoma]]. Ademais, de por "infiel", a intervención de Estados Unidos no mundo islámico (como na Guerra do Golfo ou Somalia), convérteo nun obxectico a atacar por Al-Qaida, canda os seus países aliados, incluso aqueles que sexan musulmáns como Exipto ou Arabia Saudita.<ref name=":2">{{Cita web|título=Al Qaeda - Background|url=https://www.pbs.org/wgbh/pages/frontline/shows/network/alqaeda/indictment.html|páxina-web=www.pbs.org|data-acceso=2022-08-07}}</ref>
 
===Internacionalización e primeiros atentados (1991-2001)===