Tráfico negreiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
XoseBot (conversa | contribucións)
m Bot : Substitución automatizada de texto (-\[(C|c)ategory(:|: ) +[Categoría:)
BanjoBot (conversa | contribucións)
m Cambiando Image -> Imaxe
Liña 1:
[[ImageImaxe:AfricanSlavesTransport.jpg|300px|thumb|Corda de escravos africanos cara a costa, segundo un gravado alemán de 1890]]
 
Os termos '''tráfico negreiro''' ou [[trata de negros]] refírense ao comercio e transporte forzoso de escravos da [[África]] occidental e subsahariana, cara outros continentes.
Liña 43:
 
==As condicións do tráfico==
[[ImageImaxe:NavioNegreiro.gif|Slavery ship|right|thumb|300px|Esquema mostrando como transportar escravos nun navío negreiro]]
 
Depositados nas feitorías ou fortes litorais, os escravos son clasificados. O home adulto é a unidade, denominada, de xeito descarnado, a [[peza]]. En rigor era designada como a “peza da India”, un home de 1,75 m de estatura (ou 7 cuartas de vara na metroloxía da época) e san. Tres rapaces de entre 8 e 15 facían dúas pezas, é dicer, o raparigo novo contaba como 2/3 do adulto. O neno de 4 a 8 anos valía por media peza, ou dous equivalían a un adulto. Se a idade do adulto estaba entre os 35 e 40 anos, só valía media peza. Esta clasificación foi adopatada en [[1663]], a raíz do asento español cos italianos Domenico Grillo e Ambrogio Lomellin. A distribución por sexo, aínda que nunca fixa, levaba a procurar embarcar un terzo do sexo feminino e 2/3 de varóns. O destino preferido para as mulleres era o servizo doméstico, pois as plantacións e minas demandaban preferentemente homes.
Liña 52:
==Desembarco e destino==
[[ImageImaxe:Amistad revolt.jpg|thumb|300px|left|Gravado de 1840 que ilustra a revolta dos escravos no buque ''La Amistad'']]
 
Ao chegaren aos portos de destino os escravos eran avaliados consonte a clasificación por pezas arriba indicada. Podían ser tamén valorados segundo a súa orixe: congos, angolas, [[mandingas]] (Guinea), lucumís (dos países do [[golfo de Guinea]], como os [[iorubas]]), musundis (zona do [[Congo]]), etc., pois os futuros amos atribuían cualidades diferentes a cada unha das nacións. Cada un deles soía ser un [[bozal]], ou negro que non falaba a lingua do amo (portugués, español, francés, etc); pois só os negros traídos de Europa ou comprados noutro sítio americano ou que pasaran bastante tempo nunha feitoría africana podían coñecela. Neste caso eran denominados [[ladinos]] (=latinos) nas colonias españolas. No mesmo lugar soían ser marcados para mostrar a lexitimidade do seu comercio. Un documento fixaba por escrito as cualidades de cada escravo.
Liña 81:
 
En total, estímase que uns 2 millóns de escravos foron transferidos desde o Sudán occidental para o Magreb entre o século VIII e o XX (P. Bertaux).
[[ImageImaxe:Traite musulmane medievale.svg|thumb|300px|right|África no s. XIII, mostrando as rutas, viveiros e etapas da trata oriental]]
 
===En dirección a Exipto ou Maxreq===