Bilbo Bulseiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breobot (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ca»
Liña 21:
Desde aí encamíñanse á [[Montaña Solitaria]], onde Bilbo invisible grazas ó Anel, entra na sala onde Smaug durmía sobre un enorme tesouro. A través das conversas que mantivo co dragón, Bilbo comprobou que tiña un punto débil no peito e namentres llo contaba ós compañeiros ananos, isto escoitouno un vello zorzal, que llo comunicou a [[Bardo (Terra Media)|Bardo]] o arqueiro e o vello [[Smaug]] é finalmente abatido pola frecha negra.
 
Unha vez derrotado o dragón, Thorin proclámase Rei Baixo a Montaña, pero os Homes e os Elfos queren obter parte do tesouro que gardaba Smaug, atopándose cacoa rotunda negativa de Thorin. Bilbo intenta mediar, e entrega a Pedra da Arca a Bardo. Porén, un grande exército de orcos atácaos, dando lugar á que foi coñecida como a [[Batalla dos Cinco Exércitos]], na que tamén participou [[Beorn]], que os axudara no camiño. Thorin morre despois da Batalla, e Dáin faise cargo do reino dos Ananos de [[Erebor]].
 
Bilbo volve á [[Comarca (Terra Media)|Comarca]] rico, e pasa alí moitos anos felices. Adopta a [[Frodo Bulseiro|Frodo]], primo-sobriño afastado seu, como o seu herdeiro e mantén o Anel Único oculto.