Guerras iugoslavas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Bibliografía: arranxiño
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 12:
As '''guerras iugoslavas''' foron unha serie de conflitos no territorio da antiga [[Iugoslavia]], que se sucederon entre [[1991]] e [[2001]]. Comprenderon dous grupos de guerras sucesivas que afectaron ás seis antigas repúblicas iugoslavas. Termos alternativos en uso inclúen a '''guerra dos Balcáns''', a '''guerra na antiga Iugoslavia''', '''guerras iugoslavas de secesión''' ou raramente a '''terceira guerra balcánica''' (un termo acuñado polo xornalista británico [[Misha Glenny]], aludindo ás [[guerras dos Balcáns]] entre [[1912]] e [[1913]]).
 
As guerras caracterizáronse polos conflitos étnicos entre os pobos da antiga Iugoslavia, principalmente entre os [[serbiaPobo serbio|serbios]] por unha banda e os [[CroaciaPobo croata|croatas]], [[BosniaPobo e Hercegovinabosníaco|bosníacos]] e [[AlbaniaPobo albanés|albaneses]] polo outro; aínda que tamén nun principio entre bosníacos e croatas en [[Bosnia e Hercegovina]]. O conflito obedeceu a causas políticas, económicas e culturais, así como á tensión [[relixión|relixiosa]] e [[etnia|étnica]].
 
As guerras Iugoslavas terminaron con gran parte da antiga Iugoslavia reducida á pobreza, con desorganización económica masiva e inestabilidade persistente nos territorios onde ocorrían as peores loitas. As guerras foron os conflitos máis sanguentos en chan europeo desde o fin da [[segunda guerra mundial]], resultando nunhas 300.000 mortes e millóns máis sacados dos seus fogares. Foron tamén os primeiros conflitos desde a segunda guerra en ser [[Tribunal Penal Internacional para a exIugoslavia|formalmente xulgados os xenocidas]] e moitos dos individuos claves participantes foron consecuentemente acusados por crimes de guerra.