The Dark Side of the Moon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
m Correcciones ortográficas con Replacer (herramienta en línea de revisión de errores)
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 15:
}}
 
'''''The Dark Side of the Moon''''' é o oitavo álbum da banda inglesa de [[rock progresivo]] [[Pink Floyd]], publicado o [[1 de marzo]] de [[1973]]. Baseouse nas ideas exploradas en anteriores gravacións e en concertos, pero carece das estensas excursións instrumentais que caracterizaban aos seus traballos tras a saída en [[1968]] de [[Syd Barrett]]. Os temas de ''The Dark Side of the Moon'' inclúen conflito, codiciacobiza, paso do tempo e enfermidade mental, este último inspirado parcialmente na deterioración do estado mental de Barrett.
 
Desenvolvido durante actuacións ao vivo, unha primeira versión da suite foi estreada varios meses antes de que comezasen as gravacións no estudio; o novo material foi gravado en dúas sesións en [[1972]] e [[1973]] nos [[Abbey Road Studios]] de [[Londres]]. O grupo usou algunhas das técnicas máis avanzadas da época, como a gravación multipista e os loops de cinta. En varios temas destacan os sintetizadores analóxicos. O enxeñeiro [[Alan Parsons]] foi o responsable directo dalgúns dos aspectos sonoros máis destacables do disco, ademais do recrutamento do intérprete non-léxico [[Clare Torry]]. A icónica portada do álbum, deseñada por [[Storm Thorgerson]], amosa un prisma que representa a iluminación da época da banda no escenario, os temas líricos do disco, e a petición do teclista [[Richard Wright]] dun deseño "sinxelo e audaz".