Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.1
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ca o»
 
Liña 22:
 
=== Era clandestina (1971-1977) ===
A súa orixe está nos Comités de Axuda á Loita Labrega creados en [[1971]] por iniciativa da [[Unión do Povo Galego]]<ref>[http://www.vieiros.com/opinions/opinion/253/lidia-senra-o-rural-galego-e-os-novos-caminos "Lidia Senra, o rural galego e os novos camiños"], artigo de [[Xoán Carlos Carreira]]. ''[[Vieiros (xornal)|Vieiros]]'', 27 de novembro de 2007.</ref> (UPG) que deron orixe ás Comisións Labregas{{efn|O nome máis utilizado era Comisiós Labregas, en galego central.}}, que a partir de [[1973]] cobrará protagonismo na loita contra os encoros. Esta organización formaba parte da estrutura frontista da [[Unión do Povo Galego|UPG]], na mesma liña ca o [[Sindicato Obreiro Galego]] (SOG) ou [[ADEGA]]. No inverno de 1973 aparece o xornal da organización, ''Fouce''. Durante estes anos CCLL participa nas loitas pola recuperación dos [[Man común|montes en mancomún]], contra as cotas abusivas da [[seguridade social]] e contra a construción de encoros nos ríos galegos. En 1975 un sector do sindicato, próximo ao [[Partido Socialista Galego]] (PSG), escíndese e crea o Sindicato Agrario Galego<ref>Geada, A. D., & Casteleiro, A. T. (2014). [https://www.researchgate.net/publication/321335252_SINDICALISMO_NACIONALISTA_EN_EL_RURAL_GALLEGO_DEL_TARDOFRANQUISMO_Y_LA_TRANSICION_1973-1978_DISCURSO_Y_PRACTICA_PARA_LA_DEMOCRACIA_DESDE_EL_CAMPO Sindicalismo nacionalista en el rural gallego del tardofranquismo y la transición (1973-1978): discurso y práctica para la democracia desde el campo]. ''Historia, trabajo y sociedad'', (5), 101-117.</ref>.
 
En 1976 CCLL crea a Asociación Agraria Galega como brazo legal, grazas a unha nova lei de asociacións máis permisiva. A pesar disto, a primeira Asemblea Xeral foi prohibida polas autoridades. O mesmo ano un grupo disidente, oposto ás políticas da [[Unión do Povo Galego|UPG]], abandona CCLL e forma Comisiós Labregas-Terra. Ese mesmo ano, CCLL cambia o seu nome a Comisiós Labregas-Sindicato Labrego Galego (SLG-CCLL).