Contido eliminado Contido engadido
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Arquivo 2012
Etiqueta: edición de código 2017
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Pasar a aquivos 2012
Etiqueta: edición de código 2017
Liña 7:

Escreva ao final || Escriba ao final || Escriba al final || Write ate the bottom || Ecrivez a la fin

== Ratatouille ==

Ola!! Fixen algún cambio nos artigos relativos a [[Ratatouille]]: deixei este termo como páxina de homónimos, puxen un enlace a este artigo desde os catro artigos con parénteses, e movín [[Ratatouille (especialidade culinaria)]] a [[Ratatouille (gastronomía)]], que é máis acorde ao formato usado na galipedia. Un saúdo, e ánimo para seguir colaborando. --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 00:55, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Algúns comentarios ==

Boas noites Tiberio. Deixa que che faga un par de comentarios. Non debemos usar na redacción dos artigos a primeira persoa (facemos, dixemos, contamos etc.); supoño que esa forma de escribir será consecuencia de ser profesor. Lembra buscarlle unha categoría ós artigos que vas creando: non sempre é fácil pero buscando conceptos similares enseguida atoparás unha categoría na que encadralos. Procura que as ligazóns internas leven ó artigo ó que queres dirixir, e vixía que non se trate dunha páxina de homónimos (sal, acento, prensa, Ribeiro, Valdeorras). Se dás a "As miñas preferencias" na liña superior da ventá, e aí dás a "Trebellos", unha das opcións é activar o detector de homónimos, de xeito que as ligazóns cara homónimos aparecerán marcadas en amarelo e así podes corrixilas pola ligazón axeitada. No artigo [[Métrica]] escribías que "''Retomemos o exemplo da [[cantiga popular]] de [[Taragoña, Rianxo]]. Dixemos que era unha [[copla]] e que, polo tanto, estaba formada por catro [[verso]]s [[octosílabo]]s''". O caso é que a tal cantiga non se "retoma" senón que vén logo, unhas liñas máis abaixo, e tamén é logo cando "dixemos" que era unha copla. Supoño que no orixinal sí que se citaría esta copla anteriormente, pero non era así no artigo. Bueno. Creo que xa está ben por agora, así que perdoa a tabarra e ánimo. Un saúdo, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] ([[User Talk:Lameiro|conversa]]) 20:37, 7 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Créditos ==

Ola, Tiberio; movín o artigo "crédito (homónimos)" a [[Crédito]], e quiteille as categorías que lle puxeras, posto que as páxinas de homónimos non van categorizadas.

No título do artigo que acabas de crear, "Crédito (Universidade)", penso que debería ser "Crédito académico"; Aínda que ese cómputo é o utilizado para os títulos universitarios, tamén é computable por estudos medios e superiores convalidables (FPs, títulos de idiomas...), e non sei ata que punto o EEES e o ECTS comezarán a aplicarse en España tamén en titulacións das que non existe título universitario, como por exemplo o campo das artes gráficas. Como ves o do cambio de nome?

Un saúdo, e parabéns polo choio! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 00:00, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Eslavos ==
Ola, creo que te confundiches no movemento. Unha cousa son eslavos e outra escravos. --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] [[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]] 22:32, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)
: hehe, non se pode... Ten que facelo un administrador. Xa llelo pedín. :) --[[User:Xabier Cid|Xabier Cid]] [[Conversa Usuario:Xabier Cid| Talk 2 me, please]] 22:35, 11 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Ministerios de España ==

Ola, Tiberio! Éche ben fácil editar ese modelo, vouche explicar. No cabezallo aparece centrado o texto "Ministerios de España"; á dereita pon "amosar", e á esquerda hai tres letras: "v" (ver), "c" (conversa, aínda en vermello) e "e" (editar). Se pulsas directamente no "e", xa podes modificalo. Outra forma é pulsando no "v", e desde aí darlle a "editar" como un artigo calquera. Expliqueime ben? Un saúdo!! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 01:27, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Micalet ==
Xa non me acordaba do artigo :). Pois efectivamente "volo" non ten ese significado en galego. O problema agora é que non sei cal sería a traducción deese termo ao galego. Moitas grazas pola anotación. Se sabes cal é o termo correcto non dubides en trocalo, senón a ver se alguén pode axudar. Ese "volo" (vol en catalán, vuelo en castelán) sería "son repetido das campás polos golpes de badal feitos alternativamente a cada banda delas", saeme badalada, pero non é o mesmo, non?. Un saúdo.--[[Usuario:Adorian|Adorian]] ([[Conversa Usuario:Adorian|fálame]]) 19:43, 12 de xaneiro de 2012 (UTC)

==Ligazóns externas ==
Ben, é posible que cortara de máis pero hai que ter moito coidado con este tipo de ligazóns xa que algunhas delas conteñen demasiada publicidade e que ademais ó final, e máis neste caso concreto, non é demasiado complicado atopar centos de páxinas similares facendo unha simple busca no Google. Por outra banda para incluir receitas pode usarse o proxecto de Galilibros, mira estes exemplos: [http://gl.wikibooks.org/wiki/Polbo_%C3%A1_mugardesa polvo á mugardesa] ou [http://gl.wikibooks.org/wiki/Receitas_de_filloas filloas varias], pero se queres incluir unha ou dúas ligazóns tampouco teño problema. Saúdos, --[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 18:00, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)
:A mandar! :). Saúdos, ---[[Usuario:Elisardojm|Elisardojm]] ([[Conversa Usuario:Elisardojm|conversa]]) 20:01, 13 de xaneiro de 2012 (UTC)

== Educación a distancia ==

Ola, Tiberio! Fixen algúns cambios no artigo da [[educación a distancia]]. Retirei bastantes maiúsculas que eran innecesarias (como no propio título) e engadín algunha ligazón interna. Felicidades porque te marcaches un artigazo, mencionando a historia, os pros e contras, e a realidade actual en Galiza. A seguir! Saúde! --[[User:Estevoaei|Estevo(aei)]][[User_talk:Estevoaei|pa o que queiras...]] 15:50, 14 de xaneiro de 2012 (UTC)

==Licenza==
Non, non valería. Non valen os permisos "para publicar na Wikipedia". Tódolos contidos deben permitir calquera tipo de obra derivada e mesmo un uso comercial dela. É dicir, Paco Leiro tería que liberar, por escrito, calquera explotación fotográfica (mesmo a explotación lucrativa) da súa obra.

Se a estatua estivera permanentemente na vía pública (liberdade de panorama) non habería problema. Tamén sería de dominio público se tiveran pasado 70 anos (80 no caso de España) do pasamento do autor.

Un saúdo. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 20:06, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

:Ti non podes borrar imaxes, igual que non podes borrar artigos. Só un administrador pode facelo.
:En canto a propiedade, estamos a falar da '''propiedade intelectual''', que legalmente o autor '''nunca perde''', inda que venda a obra. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 20:30, 24 de xaneiro de 2012 (UTC)

== correccións ==

Recuperei unha palabra que cambiaches en [[Síndrome de Down]] (mudada -> mutada), pero cómpre felicitarche polo cambio de retraso por atraso. Ben. Outra palabra que temos que cambiar é *acumulo, onde antes era *acúmulo. No VOLGa non se admite ningunha das dúas formas, e non entendo por que será. Saúdos, Pedro --[[User:Lameiro|Lameiro]] ([[User Talk:Lameiro|conversa]]) 23:06, 28 de xaneiro de 2012 (UTC)

==As imaxes teñen categorías de seu==
Ola Tibeiro, ten en conta, por favor, que temos categorías de seu para meter as imaxes. Bótalle un ollo a seguinte árbore:

<categorytree>Imaxes por tema</categorytree>

Un abrazo e a seguir. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 07:52, 3 de febreiro de 2012 (UTC)

==Subindo as mesmas imaxes dúas veces==
Vin que subiches algunhas imaxes a Commons, imaxes que xa subiras á Galipedia.

Se as cargas en Commons non fai falta que as subas antes a ningún outro proxecto. Os ficheiros de Commons poden usarse directamente en todos eles. --[[Usuario:HombreDHojalata|. '''''HombreDHojalata'''''.]][[Conversa usuario:HombreDHojalata|conversa]] 23:28, 12 de febreiro de 2012 (UTC)

== Pregunta no Taboleiro ==

Pasei unha pregunta que fixeches no Taboleiro dos administradores á [[Wikipedia:A Taberna (axuda)|sección axuda da Taberna]], que é o mellor lugar para deixar este tipo de cuestións. Tes aló a resposta. Saúdos! --[[Usuario:Toliño|Toliño]][[Conversa usuario:Toliño| Fala aquí comigo ]] 17:41, 13 de febreiro de 2012 (UTC)

==Día das Letras Galegas 2014, [[Xosé María Díaz Castro]]==