Toutón, Mondariz: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engadir provincia a ficha (via JWB)
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Reemplazos con Replacer: «ca»
Liña 11:
|provincia = Pontevedra |entidades = 5
}}
'''San Mateo de Toutón''' é unha parroquia que se localiza no concello de [[Mondariz]]. Segundo o [[INE]] en [[2013]] tiña 304 habitantes (166 mulleres e 138 homes) -179 menos caque en 1999-, distribuídos en 5 entidades de poboación.
 
==Patrimonio==
Liña 17:
A '''igrexa de San Mateo de Toutón''' data de [[1711]] (na inscrición da fachada figura a data 1713), está situada no barrio de Casco, onde tamén hai unha capela. De planta rectangular e [[tellado]] a dúas augas, a fábrica é de [[cantaría]] de granito con [[contraforte]]s nos muros laterais e corpo posterior diferenciado a xeito de [[ciborio]] rústico tipo torre, [[amea]]do e con desaugadoiros pétreos. A facha principal ten no lateral esquerdo a torre campanario de planta cadrada e dous corpos (o superior quizais posterior). Na fronte da fachada atópanse dúas pilastras laterais. A porta é a[[lintel]]ada e flanqueada por dúas [[pilastra]]s caixadas con [[capitel|chapiteis]] [[xónico]]s que aturan un [[friso]] con detalles vexetais e por riba un frontón triangular partido, cunha fornela coa imaxe de [[San Ramón]] cunha cartela con inscrición. Enriba un [[ocelo]]. Na cumieira áchase a imaxe do patrón da parroquia: [[Mateo o Evanxelista|San Mateo]]. A sancristía áchase no muro sur<ref>{{Patrimonio Galego|87290|Igrexa parroquial de san Mateo de Toutón|noa=1}}</ref>.
 
É de salientar o '''cruceiro do adro''' considerado Ben de Interese Cultural galego, cunha plataforma de tres [[chanzo]]s cuadrangulares (o máis baixo soterrado polo asfalto). O pedestal ten as arestas rebaixadas e fiugura a data na que foi ergueito: 1711, practicamente á vez caque igrexa. Salienta o fuste cilíndrico e o [[chapitel]] corintio con [[voluta]]s nos cantos, fileira dupla de follas e flor central en cadansúa face. A cruz é de sección cadrada coas arestas achafranadas. Nunha das caras a imaxe de Xesús Cristo crucificado coa cartela de INRI, e na outra a [[Virxe das Angustias]] co fillo morto no colo<ref>{{Patrimonio Galego|87296|Cruceiro da igrexa de san Mateo de Toutón|noa=1}}</ref>.
 
==Festas==