Diferenzas entre revisións de «Río Uruguai»

m
Reemplazos con Replacer: «de Brasil»
m (Arranxiño)
m (Reemplazos con Replacer: «de Brasil»)
 
| desemboca = [[Río da Prata]]
}}
O '''río Uruguai''' (en {{lang-es|río Uruguay}}), é un río de [[América do Sur]] que, xunto co [[río Paraná]], o [[río Paraguai]] e outros grandes cursos fluviais, forman a [[conca do Prata]]. Nace na [[Serra Geral]], no sueste dedo [[Brasil]], na confluencia dos ríos [[Río Canoas|Canoas]] (de 570 km) e [[Río Pelotas|Pelotas]] (de 437 km), no límite entre os estados de [[Río Grande do Sur]] e [[Santa Catarina, Brasil|Santa Catarina]], e desemboca no [[Río da Prata]], entre o Departamento [[uruguai]]o de [[departamento de Colonia|Colonia]], cara ao leste, e cara ao oeste o departamento [[Arxentina|arxentino]] [[departamento Islas del Ibicuy|Islas del Ibicuy]], da [[provincia de Entre Ríos]]. No último tramo recibe pola súa marxe dereita algúns brazos do río Paraná.
Na confluencia do Canoas co Pelotas o río atópase xa a uns 440 [[msnm]]. Ao principio, segue a dirección leste-oeste, ata recibir pola marxe dereita as augas do [[río Pepirí Guazú]], momento no cal empeza a torcer cara ao suroeste. Desde esa altura, serve como fronteira entre Arxentina e Brasil, punto no cal recibe as augas do [[río Quaraí]] ; afluente pola marxe esquerda que serve á súa vez como fronteira entre Brasil e Uruguai.
 
33.076

edicións