Voo 2100 de Bek Air: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎top: Arranxos varios, replaced: <br> → <br/> (2)
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.9
Liña 7:
 
== Accidente ==
O avión chocou contra un edificio xusto despois de engalar do aeroporto internacional de Almati en [[Casaquistán]]. O aparello engalou da pista 05R e perdeu altura pouco despois. Segundo se informou, xirou cara á dereita e golpeou o valado perimetral de cemento antes de impactar contra dous almacéns nunha área residencial, preto do perímetro do aeroporto ao redor das 7:22 hora local.<ref name=":1" /> A parte frontal do avión separouse da fuselaxe principal, recibindo un dano considerable, e a cola tamén rompeu. Doce persoas, incluído o capitán, morreron, e 67 quedaron feridas.<ref>{{Cita web|título=Kazakhstan plane crash: Bek Air plane comes down near Almaty airport - BBC News|url=https://web.archive.org/web/20191230194606/https://www.bbc.co.uk/news/world-asia-50922219|páxina-web=web.archive.org|data=2019-12-30|data-acceso=2020-01-03|data-arquivo=30 de decembro de 2019|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20191230194606/https://www.bbc.co.uk/news/world-asia-50922219|url-morta=unfit}}</ref> Entre o pasaxe había cinco nenos e tres bebés.<ref name=":1" /><ref name=":3" />
 
Un dos superviventes, o empresario Aslan Nazarliev, dixo que vira xeo nas ás. Nunha conversa telefónica dixo, "A á esquerda sacudíuse moi forte. Despois notei que se sacudiu a dereita. E o avión comezou a balancearse como un bote".<ref>{{Cita web|título=Survivor describes moment jet crashed into building in Kazakhstan|url=https://www.euronews.com/2019/12/27/at-least-14-people-dead-in-kazakhstan-plane-crash|páxina-web=euronews|data=2019-12-27|data-acceso=2020-01-03|lingua=en|nome=Lauren|apelidos=Chadwick}}</ref> Nazarliev continuou, "Cando engalamos, o avión comezou a tremer moi forte e eu sabía que ía caer... Todas as persoas que pisaron a á caeron, porque había xeo. Non podo dicir que [antes de engalar] as ás non se lles botase anticonxelante, pero o feito é que había xeo".<ref>{{Cita web|título=Al menos 12 muertos en un accidente de avión de pasajeros en Kazajistán: &quot;Supe que se iba a caer&quot;|url=https://www.elmundo.es/internacional/2019/12/27/5e059bf9fdddff6d3e8b464f.html|páxina-web=ELMUNDO|data=2019-12-27|data-acceso=2020-01-03|lingua=es}}</ref> A temperatura no momento era de -12&nbsp;°C e a visibilidade era de 1&nbsp;000 metros, cunha densa néboa na zona.<ref name=":2" /><ref>{{Cita novas|título=Dozens survive Kazakhstan plane crash|url=https://www.bbc.com/news/world-asia-50922219|data=2019-12-27|data-acceso=2020-01-03|lingua=en-GB}}</ref>