Diferenzas entre revisións de «Control de procesos»

m
→‎Un exemplo: revisión
(Nova estrutura)
Etiqueta: edición de código 2017
m (→‎Un exemplo: revisión)
Quentar unha sala cun radiador é un proceso que ten o obxectivo de achegarse e manter unha [[temperatura]] definida. A temperatura sería a '''variable controlada'''. A temperatura desexada, por exemplo 20 °C, sería a referencia ou máis comunmente o ''setpoint''. O estado do radiador, por exemplo o grao de apertura da válvula que permite á auga quente fluír a través do radiador, é a '''variable manipulada''' xa que é a que recibe as accións de control.
 
=== Lazo aberto ===
A maneira máis sinxela de levar a cabo o control da temperatura sería simplemente axustar a válvula a un grao de apertura, e polo tanto deixar pasar un caudal de auga quente fixo. Este tipo de control pode abondar se a temperatura do exterior non varía moito. Non obstante, se un día vai moito máis frío ou moito máis calor no exterior a temperatura da sala pode resultar demasiado baixa ou elevada. Este tipo de controlador chámase de '''lazo aberto''' (ou ''open-loop'') xa que a medida da variable a controlar (a temperatura da sala) non inflúe na variable controlada (a válvula que determina o caudal de auga). Malia súa simplicidade, úsase raramente xa que non permite compensar os cambios que poden actuar na sala, como unha variación da temperatura do exterior.
 
=== Lazo pechado ===
Nun sistema de '''lazo pechado''' (ou ''closed-loop''), un sensor mide o estado do sistema (a temperatura da sala) e fornece a información ao controlador, que axusta o control (a posición da válvula) para manter a sala no estado desexado (achegar a temperatura da sala á temperatura de referencia). Agora cando a temperatura exterior baixa, a diminución consecuente da temperatura da sala é medida e a posición da válvula ábrese para deixar pasar máis auga quente. A retroalimentación ou '''feedback''' permite ao controlador compensar os cambios na temperatura da sala. Este ''feedback'' representa un paradigma central no control de procesos: o control afecta o estado do sistema que, ao mesmo tempo, é medido para alterar o control.
 
3.237

edicións