Riohacha: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
elimino sintaxe desbotada
Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.8.9
Liña 27:
|sitio web = [http://www.riohacha-laguajira.gov.co/Paginas/default.aspx Páxina oficial]
}}
'''Riohacha''' (en [[Lingua wayuu|wayuunaiki]]: Süchiimma; que se traduce como a "Terra do Río") é un concello [[colombia]]no, capital do [[Departamentos de Colombia|departamento]] de [[La Guajira]].<ref>{{Cita web|url=https://web.archive.org/web/20150709011922/http://www.revistaelcongreso.com/riohacha-es-declarada-distrito-turistico-y-cultural/|título=Riohacha es declarada distrito turístico y cultural|dataacceso=14 de novembro de 2018|data-arquivo=09 de xullo de 2015|url-arquivo=https://web.archive.org/web/20150709011922/http://www.revistaelcongreso.com/riohacha-es-declarada-distrito-turistico-y-cultural/|url-morta=unfit}}</ref> Atópase na costa do [[mar Caribe]], no delta do [[río Ranchería]]. É o segundo concello con maior extensión territorial no seu departamento e constitúe unha vasta engrenaxe de entidades públicas, bancos e entidades financeiras, sede da Diocese de Riohacha; institucións culturais, educativas, escenarios deportivos e o seu sector comercial. Conta cunha poboación estimada de 277 913 (2017) habitantes distribuída en 15 correxementos, 8 resgardos indíxenas e a súa cabeceira municipal que se ensancha afastándose da costa.
 
Instituída a mediados do século XVI, é considerada como unha das cidades fundadas por españois máis antiga de América. A súa historia demóstranos un pasado de "destrución e reconstrución": en [[1596]] foi destruída polo pirata [[Inglaterra|inglés]] [[Francis Drake]]; a mediados do [[século XVII]] o mar arrasou gran parte da cidade; en [[1820]] as forzas patriotas, despois de librar a batalla naval da Lagoa Salá, queimaron a cidade para asegurarse que non fose reocupada por realistas. É por iso considerada ''O Fénix do Caribe.'' No pasado estivo habitada principalmente por indíxenas eneales, guanebucanes, wiwas e [[Pobo wayuu|wayuus]]; estes dous últimos aínda viven no concello. Desde eses tempos era considerada un templo ou santuario de enterros preciosos e "pagamentos".