Ventura de la Vega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gasparoff (conversa | contribucións)
Gasparoff (conversa | contribucións)
Liña 8:
A súa adaptación a España tería sido rápida. No colexio de San Mateo de Madrid foi discípulo de Alberto Lista, de quen recibiu o gusto polo clasicismo moderado, e compañeiro de [[José de Espronceda]], con quen formou parte da [[sociedade secreta]] ''Los Numantinos'', polo que estivo preso nun mosteiro de Madrid. Morreu o seu tío, rematou a guerra e consolidouse a independencia arxentina, a súa familia pediulle que regresase a Buenos Aires pero Ventura decidiu ficar en España.
 
Conservador desde 1836, chegou a ser mestre de [[Isabel II de España|Isabel II]] e director do Teatro Español en 1847, así como académico da [[Real Academia Española]] en 1842; no seu discurso de ingreso arremeteu contra o [[romanticismo]] pola súa agresividade social. As súas ideas xuvenís, algo voltarianas, evolucionaron cara á relixiosidade, sobre todo a partir do seu matrimonio coa famosa cantante [[Manuela Oreiro de Lema]] (1838).<ref>{{Cita web|título=María Manuela Oreiro Lema|url=https://dbe.rah.es/biografias/7315/maria-manuela-oreiro-lema|páxina-web=dbe.rah.es|data-acceso=2022-07-31|lingua=es}}</ref>
 
O seu fillo [[Ricardo de la Vega]] tamén acadou fama como escritor e libretista.