Arqueoloxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Engado ligazóns ás técnicas de datación
Tfeliz (conversa | contribucións)
m Cambio a Metodoloxía (ciencia)
Liña 6:
Nalgúns países a arqueoloxía ten sido considerada sempre como unha disciplina pertencente á [[antropoloxía]]; mentres que esta se centraba no estudo das culturas humanas, a arqueoloxía dedicábase ó estudo das manifestacións materiais destas. Deste xeito, en tanto que as antigas xeracións de arqueólogos estudaban un antigo instrumento de cerámica como un elemento cronolóxico que axudaría a poñerlle unha data á cultura que era obxecto de estudo, ou sinxelamente como un obxecto cun certo valor estético, os antropólogos verían o mesmo obxecto como un instrumento que lles serviría para comprender o pensamento, os valores e a cultura de quen o fabricou.
 
A investigación arqueolóxica estivo relacionada fundamentalmente á [[idade de pedra]] e á antigüidade; non obstante, durante as últimas décadas a [[Metodoloxía (ciencia)|metodoloxía]] arqueolóxica aplicouse a etapas máis recentes, como a [[Idade Media]] ou ó período industrial. Na actualidade, osOs arqueólogos dedican ocasionalmente a súa atención a materiais actuais, investigan residuos urbanos, o que se coñece como [[arqueoloxía industrial]].
 
Sendo a un tempo tanto humanística como científica, a arqueoloxía é unha disciplina académica realmente interdisciplinar. Entre as técnicas analíticas empregadas destacan aquelas que buscan datar os restos do pasado, como a [[Carbono-14|datación por Carbono-14]] ou a [[datación por termoluminiscencia]].